Foi un bonito día en que
nos encontramos con quen conformou a finais dos cincuenta e primeiros
anos sesenta aquel medio millar de muchachos que rezaba o himno de
Belvís que aínda debe ter letra e musica D.Manuel Iglesias Pérez
que paréceme que era o que o ensaiaba.
Agradecerlle a Sanmartín
Obelleiro o servizo de intendencia que a través da súa mediación
nos facilitaron o xantar e os líquidos regantes,viños da terra, dos
que non se subían á cabeza. E a Fernando Ledo que nos facilitou a
visita do Pazo de Oca incluído a presentación do Duque de Segorbe.
Comentei con alguén que estivo ao meu lado que foi esa visita como
unha volta a Galicia Feudal.
Pois aí van as fotos con
algún pequeno comentario para algúns como Puertas que por forza
maior non estivo. O que queira saber mais que fale con algúns dos
asistentes e terá unha crónica persoal.
:Non levarán orde.A casa de comidas portatil que nos acolleu no paradisíaco lugar de Carboeiro no que se cruzan o rio Toxa e mais o Deza.
Empezando a visita ao Pazo.Escoitando ao guía que estaba moi documentado.Excepto algún que o corpo lle pedía farra o resto atendendo es informacións e facendo algunhas preguntas.
Impresionantes os xardíns.Tanto ou mais vistosos ca os de Versalllés que prendaran a D. Pio o Profesor de Francés.
Seguindo o estanque arrodeado de petreas pedras do perpiaño da zona.Andrés diante como o bon pastor marcando o camiño como corresponde.
A carreira de 10 ou 15 metros de ancho á vista de bon cubeiro permitía camiñar ao par como se aprecia.
Comvidándonos Tacón a beber da pía.Ante a falta de cartel de potabilidade limitáronse algúns a facer a ablución de mans nada mais.
Na capela do Pazo seguindo Misa e prédica de Vilariño que ademais de atenderlle ao que nos dixo,bo e breve, ao final comentamos a boa forma no que o encontramos despois do serio problema de saúde que tivo.
O que aparece no Centro é o Conde de Segorve que departiu amablemente con nós agás con Fernando Ledo por deixarlle a capela sen culto despois de catrocentos anos.Cando Fernando lle dixo que ad imposibilia nemo tenetur quedou convencido a sorriu amablemente.
No interior da Igrexa do Mosteiro de Carboeiro de arquitéctura impresiomnante e ben restaurada.Como xa había gañas de comer foi unha visita a vista de paxaro.
Xa na concomencia e cada vez mais animados polos efluvios espiritosos dos viños do Ulla e de Barrantes.En animada conversación e algo de farra tamén.
Outra panorámica.
E por último en atención ao autor das fotos pioñemos a de Enrique. Ademais por ser o único,me parece ,que aínda se mantén en activo e axuda a pagar as pensións dos demais todos.Que sexan do voso agrado e quede para constancia da posterioridade.Saúdios para todos.Rafael
P.D. Antes de rematar por tamén esta foto do mais gamberrete que nos alegrou cun aleleuia de Hendel na sobremesa e que nunca se esquece destas convivencias Por òuco o deixamos en terra por meterse no labirinto e facer trampas para saír.Agora mais nada.Deica a próxima.
Bueno, todos tedes moi boa planta. E, non é de estrañar, andando como andades por eses xardíns.
ResponderEliminarUnha aperta pa todos.
Antonio Puertas
Grazas Antonio polo comentario. A ver se este novo curso académico que empeza somos capaces de alimentar a esta criatura comunicativa e literaria que é de todos nos.Do contrario desfalecerá por non ter que comer.Un saúdo e ánimo para seguir contando algo que é do que se trata.Saudos.Rafael
ResponderEliminarAgora, Rafael, teño que marchar pa meu pobo, e non podo, mais, o vindeiro luns, se o demo non torce o conto, vou deixalo meu prato de caldo, pa que non morra a criatura.
ResponderEliminarApertas pa todos
Antonio Puertas