POLO CUNCHAREIRO ARRIBA
Canta o galo no curral e
ouvea o can na cadea;
entre bocado e bocado,
balando queda a ovella;
a auga pinga polo saio
saltaricando na sella
na canle que vai a moza,
ca marea case chea.
Polo Cunchareiro arriba
ferve a auga da marea,
calcando raiolas no mar
que lucen no arco da vella,
e as ondas rachan en
gracia dun ceo que ali esguella
en medio de cunchas e
saios que, andando, van ca area.
Canta o carro, e o
carneiro turra por diante da vella,
que leva os dedos das mans
cas contas que fai a leiteira
i, entre as tetas agocha o
pano, ó remata-la feira.
Cunha vara aguillada i
unha cabicha na orella,
...un pantalón mendado i
un cadelo de palleiro,
vai o vello e vai o carro
pola cima do Cunchareiro.
Antonio Puertas.
Tódolos dereitos reservados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario