Antes
de que vos felicite o Nadal vou, seguindo a rutina, deixar uns (con
permiso e perdón de D Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, por
utilizar a palabra retrincos que soamente a el lle correspondeu
usala) relatiños de cadanseu mes, neste lustro pasado:
””Decembro
2010
DEMAGOXIA
Palabra que utilizamos con frecuencia para dicir que alguén chega a unha conclusión que non é a única que se pode extraer dos feitos ou argumentos en que se basea. Referímonos xeralmente aos dirixentes políticos que acusan aos doutro partido como únicos causantes de todos os males. Sabemos que o paro é consecuencia dunha serie de circunstancias que o causan e que non ten unha fácil solución; non obstante culpamos ao Presidente do goberno, da Xunta ou ao Alcalde de ser os responsables e causantes desta desgracia.
A demagoxia consiste en apelar xeralmente aos sentimentos, amores,odios,medos e desexos que nos poden emocionar para así gañar o noso apoio frecuentemente valéndose da retórica e da propaganda.
Dentro da retórica abundan aqueles argumentos que buscan suscitar a ira,odio,vergoña,indignación,compaixón para atraer sentimentalmente a persoa que nos lee ou escoita
A propaganda que nos invade e recoñecemos como tal é a publicidade comercial que busca abertamente que merquemos aquilo que se anuncia. Tamén existe a política que pretende mediante información,sempre parcial,persuadirnos de que co noso voto solucionaranse todos os problemas que temos.
Hoxe que difícil resulta resistir a tanta demagoxia,publicidade e retórica que nos invade por todas partes. Mais ca nunca é importante que pensemos pola nosa conta utilizando as regras dos siloxismos e da lóxica para apartar o trigo limpo das malas herbas.

DECEMBRO
2011
APROVEITAR
A OCASIÓN
Nestes
días andan os fumadores algo alterados e inquedos. Ven limitado o
seu dereito a fumar en calquera sitio. Dun tempo a esta parte,cada
vez, os que ditan as leis póñenllo mais difícil. O que isto
escribe faio con coñecemento de causa. Fumou ao longo de trinta anos
da súa vida. Deixeino hai dezaoito anos. Non estou arrepentido. Todo
o contrario. O peor é pasar o primeiro ano completo cos seus
correspondentes festexos. Despois dos primeiros meses empezas a
recuperar os olores e os sabores dos alimentos que co tabaco un ten
anestesiados. Iso axuda no convencemento de que a decisión de
deixalo foi a correcta.
Abandonar o tabaco despois de tanto tempo non é fácil. Custa moito. Un vaise mentalizando dos danos que causa á saúde pero nunca encontra o día e vaino pospoñendo. Unha vez tomada un debe resistir. O mais difícil é os primeiros días. Canto mais tempo se manteña a decisión xa menos vai custando. Se un cae non pasa nada. Todo intento é unha vitoria. O normal é a recaída.
Estes atrancos que nos impiden fumar onde queiramos axudan a mentalizarse do danoso que é. Non estaría mal aproveitar a ocasión para deixalo. Seguro que nunca te arrepentirás.

DECEMBRO 2012
MOBILIZACIÖN
SOCIAL
¿Valen para algo algo as
concentracións de protesta,as manifestacións,as folgas,os paros e
os demais actos de presión social?.Como con case todo hai quen pensa
que si e outros todo o contrario.
Moitos pensamos que son
necesarias e útiles. Informan con publicidade dos problemas sociais
e como consecuencia fálase diso e todos collemos conciencia .É o
paso imprescindible para buscarlle solución.
¿Pensa alguén que de non
terse feito as protestas contra os lanzamentos dos hipotecados se
sentarían a negociar os dous grandes partidos medidas para frear esa
alarma social? De non ser polas protestas da ?Plataforma
stop desahucios? non chegarían os
decanos dos xuíces de toda España a dicir nun documento que non
queren ser meros cobradores do frac para os bancos e pedir que muden
as leis.
Nin estarían rendendo contas
ante a Xustiza os administradores das Caixas se non fose polas
manifestacións dos afectados pola estafa. Nun primeiro momento houbo
quen defendeu que sabían o que facían. e que as indemnizacións
eran legais. Hoxe teñen que depositar unha fianza,entre todos, de
mais de 10 millóns de Euros.
Pois
motivos non faltan. Hai que protestar pacificamente para transformar
tantas cousas inxustas que non funcionan como deberían.
DECEMBRO 2013
SENTENZA PRESTIGE
Non
deixou a ninguén satisfeito agás dos procesados que quedaron libres
de toda responsabilidade nos danos causados.Solicitábanse 4.334
millóns de Euros para reparalos. Os informáticos que trataron o
sumario,contén 266.650 follas, referiron que nunca en España se
tramitou unha causa de tal envergadura. Foi redactada no idioma
galego e lida ante os medios de comunicación tanto de aquí como do
estranxeiro. Esta circunstancia non foi resaltada por ninguén pese a
supor un acto de normalización da nosa lingua. Cando o fondo da
cuestión é de tal calibre e a decepción do resultado tan grande
pouco importan as formas. Se o que nos dan non vale para nada pouco
importa que veña envolvido en papel de prata. De todos modos ten a
súa importancia igual que o ten que teñamos cada vez mais empresas
que fan a publicidade no noso idioma.
Novembro
2014
DA
FUTBOLIZACION Á PODEMIZACION
Son
palabras, que non se rexistran nin no dicionario da academia española
nin da galega. Non tardarán en estalo pola cantidade de entradas que
hai na internet. Refírense á realidade política . Chamóuselle
futbolización a paixón que un sente por unha equipa e non entende
de razóns. Un é do Celta ou do Depor,do Barsa ou do Madrid, ou
calquera outros, para toda a vida. Gañe ou perda. Desprezamos ao
contrario polo feito de selo. Caemos no fanatismo. Se o teu club vai
mal a culpa é do arbitro,da prensa,do contrario ou de quen sexa
Comportamento
parecido tivérono os seguidores dos partidos políticos Cada un
votaba aos seus aínda que non estivese de acordo co que facían ou
deixaban de facer. Os contrarios eran sempre peores. Iso explica que
pese aos casos de corrupción lles seguisen outorgando o voto e a
confianza.
A
podemización refírese ao fenómeno recente da aparición de Pablo
Iglesias. Agora o partido político Podemos que en pouco tempo,
ademais do éxito nas eleccións europeas, as sondaxes electorais din
que pode ser segunda ou terceira forza política. Iso explica a
intranquilidade dos demais. Ninguén sabe cal pode ser o futuro de
Podemos pero soamente por romper o fenómeno da futbolización xa lle
deberiamos dar todos a benvida. Os que lles pedían aos do 15 M que
se presentasen as eleccións debían estar contentos porque lles
fixeron caso. E os que o queren matar ,nada mais nacer, son os que
lle están facendo a campaña xunto co empacho dos casos de
corrupción cos que, un día si e outro tamén, temos que almorzar
na prensa e radio ou xantar e cear nas televisións.””
Pois
deica o próximo día. Saúdos para todos.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario