Hai un momento chamoume o compañeiro Agusstín Dios comunicándome que lle informara Sanlés que falecera o compañeiro Barral.Que o enterro será na parroquial de Riveira ás 6 da tarde do día de hoxe.
Barral era un asistente asiduo ás convivencias e ademais moitos anos exerceu de fotógrafo desas reunión agasañllándonos coas fotos de evento ao ano seguinte.Que descanse en paz e que a terra lle sexa leve.Condolencias para a familia e para todos os compañeiros que sentimos ben a súa ausencia.
A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
viernes, 20 de febrero de 2015
domingo, 15 de febrero de 2015
MEMENTO GRÁFICO.(xantar de inverno)
Nesta noite de Domingo
lardeiro ou de carnestolendas, despois de cumprimentar as obrigas
familiares,nesta época son comidas de mesa e sobremesa
prolongadas,miro ao chegar á casa e abro a caixa do correo
electrónico e observo que xa o egrexio compañeiro Enrique ,anda
sempre apegado á súa cámara de fotos, me remitiu unhas cantas que
vou deixar colocadas para xeral observación.
O xantar de inverno
deste ano,tal como estaba anunciado,celebrouse cunha concorrida
asistencia. Salvo error ou omisión eramos vinte comensais xustos.
Botouse de menos a presenza de Andrés Vilariño que por causa
xustificada,acudir a unhas probas médicas ,non nos puido acompañar
coa presencia corporal pero si coa outra. Desexámoslle os mellores
éxitos en todas as ordes da vida.
Os primeiro en chegar
foron algúns que viñan de mais lonxe. O amigo Senín,xunto con
Luciano Pena e Suárez Cotelo que os foi esperar ao tren,viñeron
polo camiño de ferro,xa a medía maña foron os primeiros en chegar.
Despois de tomarmos uns cafés e intercambiar impresións sobre
diversos temas de actualidade relacionados coas vivencias comúns
intentamos dar un paseo matutino pero o día era tempo de cans e
sorprendeunos cunha chuvascada que nos obrigou a poñérmonos a
cuberto.
Logo xa preto do mediodía foron chegando o señor Pereira, Agustín Dios, Isolino
Esmorís,Ricardo Cutrín e mais López Gómez,Dans Couto ,os irmáns
Sanleses,Antonio Puertas que xa nos declamou o de que “se hai que
volver a nacer nácese” e xa as dúas da tarde entramos no mesón.
Xa estaban tamén Alfonso e Lóper Gonzalez e os mais serodios foron
Enrique, Felpete e os da zona de Santiago, Caamaño e Fernando Ledo que
chegaron,de todos modos a hora acordada que era sobre das dúas e
media minutos mais ou minutos menos. Como dicían os cregos que non
eran puntuais que anunciaban calquera celebración para arredor dunha
hora determinada.
Despois desta lería
dicir que o xantar fíxose con vagar e parsimonia,en animadas
conversacións, e que rematou con sobremesas da época e chupitos e
cafés variados e repetidos. Sendo a estrela da comida o mencía de
Monterrei baixo o nome comercial de “Crego e managuillo”que
paréceme que deixou satisfeitos a todos.
Agora deixamos a
reportaxe fotográfica da autoría de Enrique Vázquez Pose a quen se
lle agradece o detalle que ten sempre de exercer de notario maior
destas efemérides.
Saúdos para todos.Rafael.
sábado, 7 de febrero de 2015
SOBRE O CARDEAL QUIROGA
Hai unha bonita semblenza sobre o Cardeal que nos foi tan familiar nos anos de Seminario.Lembraredes que sempre, antes das vacacións do Nadal ,viña a falarnos e semnpre remataba pedindo que trasnmitísemos a nosa familia sáudos e felices pascuas navideñas no seu nome.Pois Celso Alcaina hai uns días publicou uns recordos del que gusta lelos.Podedes velo neste enlace:
ENIGMA, el blog de Celso Alcaina - Blogs - Periodista Digital
Mais nada.Os que queirades e poiudades non faltedes a comida de invernos.Saúdos. "Deus fratresque Gallaecia".Foi o saúdo dos irmandiños que se rebelaron contra os señores feudais naquel tempo.Mais nada por esta.
miércoles, 4 de febrero de 2015
BANDO DOMÉSTICO
Polo presente faise
saber que no mes no que andamos, o Venres dia 13, sobre as dúas e
media da tarde,minutos arriba ou abaixo,xuntarémonos para dar conta
dun cocido,como Deus manda, “Rajoy dixit”,
no restaurante Valdeorras. O mesmo que nos acolleu o ano pasado por
estas datas anteriores ao entroido. Acordouse así no día de onte, 3
de Febreiro, na xunta directiva desta quinta presidida por D.
Agustín Dios Vigo e coa asistencia dos vocais D. José Luis Suárez
Cotelo e D Manuel Dans Couto.
Os que poidades
asistir,comunicádeo con dous días de antelación a Agustín ou A
Luciano Pena os de Santiago ou a un servidor neste correo se vos ven
ben. buxarelo@mundo-r.com
Mais
nada. Para chegar se alguén é dos que nos estivo o ano pasado
podedes consultar aqui:
MESON VALDEORRAS Restaurante en Culleredo
Un
saúdo para todos e verémonos nese día. Rafael
Posdata:
Sobre da 1 da tarde haberá alguén para recibir aos que veñades
chegando. Se o tempo o permite daremos un paseo para que o cocido nos
aproveite mellor. O dito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)