Nesta noite de Domingo
lardeiro ou de carnestolendas, despois de cumprimentar as obrigas
familiares,nesta época son comidas de mesa e sobremesa
prolongadas,miro ao chegar á casa e abro a caixa do correo
electrónico e observo que xa o egrexio compañeiro Enrique ,anda
sempre apegado á súa cámara de fotos, me remitiu unhas cantas que
vou deixar colocadas para xeral observación.
O xantar de inverno
deste ano,tal como estaba anunciado,celebrouse cunha concorrida
asistencia. Salvo error ou omisión eramos vinte comensais xustos.
Botouse de menos a presenza de Andrés Vilariño que por causa
xustificada,acudir a unhas probas médicas ,non nos puido acompañar
coa presencia corporal pero si coa outra. Desexámoslle os mellores
éxitos en todas as ordes da vida.
Os primeiro en chegar
foron algúns que viñan de mais lonxe. O amigo Senín,xunto con
Luciano Pena e Suárez Cotelo que os foi esperar ao tren,viñeron
polo camiño de ferro,xa a medía maña foron os primeiros en chegar.
Despois de tomarmos uns cafés e intercambiar impresións sobre
diversos temas de actualidade relacionados coas vivencias comúns
intentamos dar un paseo matutino pero o día era tempo de cans e
sorprendeunos cunha chuvascada que nos obrigou a poñérmonos a
cuberto.
Logo xa preto do mediodía foron chegando o señor Pereira, Agustín Dios, Isolino
Esmorís,Ricardo Cutrín e mais López Gómez,Dans Couto ,os irmáns
Sanleses,Antonio Puertas que xa nos declamou o de que “se hai que
volver a nacer nácese” e xa as dúas da tarde entramos no mesón.
Xa estaban tamén Alfonso e Lóper Gonzalez e os mais serodios foron
Enrique, Felpete e os da zona de Santiago, Caamaño e Fernando Ledo que
chegaron,de todos modos a hora acordada que era sobre das dúas e
media minutos mais ou minutos menos. Como dicían os cregos que non
eran puntuais que anunciaban calquera celebración para arredor dunha
hora determinada.
Despois desta lería
dicir que o xantar fíxose con vagar e parsimonia,en animadas
conversacións, e que rematou con sobremesas da época e chupitos e
cafés variados e repetidos. Sendo a estrela da comida o mencía de
Monterrei baixo o nome comercial de “Crego e managuillo”que
paréceme que deixou satisfeitos a todos.
Agora deixamos a
reportaxe fotográfica da autoría de Enrique Vázquez Pose a quen se
lle agradece o detalle que ten sempre de exercer de notario maior
destas efemérides.
Saúdos para todos.Rafael.
Pois, eu, volvo a repetir: se hai que volver a recuncar, recúncase...háxa cregos ou monaguillos.
ResponderEliminarAntonio Puertas