Quedei co compañeiro
Senín cando estivo o mes pasado aquí nos arredores da Coruña,na
comida de inverno, en poñer aquí , para quen queira imprimila,a
fotografía de todos os desta quinta que rematamos os estudos
completos da carreira de 12 anos que dicían que eran das mais
grandes ou tanto como as mais grandes.
Despois dos case 46 anos
pasados xa estamos todos irrecoñecibles. Os que a conservamos e de
mirala de cando en vez sabemos quen é cadaquén. Pero aos demais
custaravos traballo identificarnos. Por suposto non están os que
remataron os estudos en Salamanca ou noutras facultades como é o
caso de Andrés ou de Cabarcos. Pois nada. Aí queda ese coro de
mozos como pitos acabados de saír da casca do ovo.
Saúdos como sempre para
todos.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario