Pediume
un compañeiro que puxese algo de que escribía no Blog. El non quere
escribir pese a saber facelo pero gústalle entrar e ver algo alí.
Como con estes trebellos tan modernos ,co corta e pega,desde que
escribes algo poñelo ou non leva o tempo dun credo ou dunha salve.
-(Nos libros vellos de cociña,os de antes que copiaban as receitas
dos mosteiros e conventos,cando eran tempos curtos en vez de medilos
en minutos,facíano co tempo que levaba rezar un ou tres credos ou
salves)
Pois
aí queda o que teño escribido este ano. A orde é de mais recente a
menos:
“””VIRXE DA BARCA
Ven de publicar este diario o descontento existente sobre o estado en
que quedou o santuario da Virxe da Barca despois do incendio. Parece
que non e do agrado dos veciños da vila. Así o manifestaron nunha
xuntanza dunhas cen persoas. Algúns tan alporizados andaban que
lles escaparon palabras maiores como que: a carpintería que
utilizaron o mellor sería “plantarlle lume”.Ou que “isto
non é digno da Virxe da Barca”As
críticas proviñan do crego da vila,alcalde e veciños destacados.
Ían dirixidas aos representantes do Arcebispado a quen lles
recriminaron consentir no santuario o que non permitirían na
Catedral de Santiago e mais contra a dirección técnica que levou a
cabo a obra de restauración.
Para
mais inri ,vala a semellanza como na Cruz do Calvario, no propio
templo incrustaron unha sinalización que reza.”NUESTRA SEÑORA DE
LA BARCA”deturpando a toponimia orixinal tan popularizada de “VIRXE
DA BARCA”.Hai moitos que non entenden como a Igrexa,propietaria do
santuario, unha icona para todo Galicia, non coida e utiliza o idioma
propio Neste sentido hai que recoñecer que a sociedade civil vai
por diante. O Diario Oficial de Galicia publícase integramente en
galego dende hai ,moitos anos mentres que o Boletín Oficial do
Arcebispado de Santiago aínda o fai en galego e castelán igual co
DOGA, nos primeiros anos de autonomía, que se publicaba en edición
bilingüe.
TARXETAS BLACK
Levamos
unha morea de días aguantando con carraxe as informacións que foron
saíndo na prensa e televisións sobre esas tarxetas negras. Os
máximos responsables de Bankia gastaron no que lles dou a gaña unha
cantidade que en conxunto supera uns 15 millóns de Euros. O que
sorprende moito e que se informe con detalle o que gastou cadaquén.
Tamén sorprenden as peregrinas manifestacións ante o Xulgado,que
obrigou ao Xuíz a preguntarlles quen era o que tiña que
advertirlles que iso non estaba ben?.Non eran eles os máximos
responsables do banco?
Agora
sabemos as cantidades importantes que lles piden de fianza. As
alegacións de que era parte do seu salario despachas o Xuíz dicindo
que o que manifestan escapa ás normas do sentido común e da lóxica
empresarial.
O
que custa moito traballo entender é que saibamos tanto destes
comportamentos golfos, indecentes e delituosos que supoñen unha
cantidade importante de diñeiro e non se diga nada dos 23.465
millóns de Euros que custou o rescate de Bankia. O mais caro da
historia de España. Esperemos que nos informen con detalle a onde
foi a parar esa inxente cantidade de diñeiro e quen se beneficiou.
Os 15 millóns de Euros das tarxetas black son o equivalente, en
volume ,a una agulla nun palleiro ou a un grao de millo non hórreo
como o de Carnota que pasa por ser o mais grande da nosa terra.
Queremos seguir sabendp
ESTADO FALLADO
Hai catro anos,mais ou menos ,que se nos fixo familiar falar dos
estados fallados. Somalia era o exemplo mais elocuente. A corrupción
existente,a falla de democracia e a violación constante dos dereitos
humanos espertou nesa nación un terrorismo e piratería sobre a
frota que navegaba e pescaba nas rutas cara ao canal de Suez. Esta
situación obrigou a crear unha vixilancia internacional para evitar
a piratería e os rescates que arruinaban ás empresas navieiras.
Hoxe
chama a atención que nas últimas xuntanzas dos xuíces decanos de
toda España se fale da posibilidade de estármonos en camiño de ser
un estado fallado. A carencia de medios nos xulgados e clamorosa. As
queixas da tardanza en resolver os asuntos e unánime. Os que mais se
queixan son incluso os propios gobernantes.
Estanse
mandando citacións para xuízos por reclamación de salarios ou
indemnizacións para dentro de 2,3 ou 4 anos. En Sevilla citaron
para o ano 1919. Escoitarlle hai poucos días ao recen nomeado
ministro de Xustiza laiarse así: ” A uno se le cae la cara de
vergüenza cuando a un ciudadano se le cita para dentro de tres años”
e que ,de inmediato,non anuncie medidas para corrixilo fai pensar que
podemos chegar a ser,mais cedo ca tarde, un estado fallado.
DAVID
E GOLIAT
No
libro de Samuel,na Biblia,cóntase como os filisteos levaban corenta
anos en guerra co antigo pobo de Israel. Os filisteos tiñan como
xefe un xigante chamado Goliat temido por todos. Un día o pastor
David ofreceuse a loitar contra el e cun tirapedras acertoulle na
testa e caeu morto nun instante.
Ven
a conto do que está a pasar con Podemos. Ten pouco mais dun ano de
vida e xa todo o mundo anda a examinalo como se fose o que estivo
gobernando e tomando decisións para levarnos a situación na que
estamos. Claro que se pode criticar. Por suposto que si. Pero tamén
lle hai que recoñecer que é mellor ter un interlocutor e non
milleiros de xente berrando ante o Congreso dos Deputados que “non
nos representan”. O sistema democrático debéralle recoñecer
unha representación ca opinión pública lles outorga, segundo as
enquisas, e pensar se a teñen por demérito dos demais ou por
méritos deles.
Este ano teremos ocasión de contemplar, nos catro procesos electorais anunciados, se tamén o pequeno partido de Podemos, o pastor David, en proceso de formación, é capaz de ganarlle a Goliat, aos xigantes que nos levan gobernando case tamén corenta anos.
Este ano teremos ocasión de contemplar, nos catro procesos electorais anunciados, se tamén o pequeno partido de Podemos, o pastor David, en proceso de formación, é capaz de ganarlle a Goliat, aos xigantes que nos levan gobernando case tamén corenta anos.
DE
AUDIÓFONOS E LENTES
De
resultar que se celebraren as eleccións andaluzas no mes de marzo
teriamos nun mesmo ano catro procesos electorais: as andaluzas,as
locais e autonómicas en maio,as cataláns en setembro e as xerais a
finais do ano.
Cando
se aveciñan tantas eleccións hai que lelo todo e mais escoitalo en
clave electoral. Nese tempo e proceso de influír no voto interveñen
as informacións, as publicidades e as propagandas. Nas sociedades
modernas resulta complicado distinguir o que é unha información
obxectiva,unha interesada ou cando é pura propaganda. Por iso neste
ano horrible,fai estarrecer e sufrir a moita xente, que nos agarda
sería cousa moi boa dispor de algúns dispositivo que nos axudase a
facelo menos insufrible e mais tolerable.. Por exemplo dispoñer
dunhas lentes intelixentes, como as que permiten ver en tres
dimensións, que nos advertisen cun sinal luminoso cando algunha
información e puro engano,propaganda, media verdade ou capcioso
invento e manipulación. Ou tamén uns audiófonos que igual que
cando as pilas teñen pouca carga dá uns asubíos tamén o fixese
cando escoitamos grandes mentiras como a de que o partido do goberno
non tivo caixa be cando o dixo o xuíz,o fiscal e a avogacía do
estado que consideran acreditada a dobre contabilidade.
Estes
posibles inventos,de existiren algún día, parécennos hoxe pura
fantasía. Non obstante,se nos dixeren, hai poucos anos ,que teriamos
uns teléfonos,chamados intelixentes,que gravasen vídeos e voz ,
fotografasen e o resultado puidese ser mandados nun instante a
calquera parte do mundo e que ademais nos permitiren escoitar a
radio, obter calquera información de modo instantáneo e levasen ao
sitio que lles indicarmos,mediante o GPS,pareceríanos algo de
ciencia ficción. Pois ao mellor vemos tamén ,mais cedo ca
tarde,eses que tan bos serían audiófonos e lentes.”””
Pois
feliz Pascua Florida a todos. Este anos a natureza xa anda moi
florecida. Saude os mellores desexos para todos. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario