CONDUCTA HEROICA
Informounos este xornal recentemente que os fillos
da finada Rosalía Mera e de Amancio Ortega , Sandra e Marcos,
ingresaron na Facenda Pública Galega mais de 100 millóns de euros
polo imposto de sucesións e doazóns. Rosalía Mera,cando se faga a
súa haxiografía,será tida como unha Rosalía de Castro no
literario,unha María Pita na defensa dunha cidade ou unha Xoana de
Vega na protección da beneficencia na Coruña. Rosalía Mera foino
na defensa e promoción de persoas de capacidades diversas sen
preguntar de quen viñan sendo. A fundación Paideia é todo un
exemplo na cidade da Coruña.
O titular da noticia era:”La Xunta hizo su
agosto con la herencia de Rosalía Mera” Representa
mais do 40% do total recadado o ano pasado por ese tributo. Dunha nai
así era de esperar unha conduta exemplar dos seus fillos
A noticia refería,aí está a heroicidade,que distintos asesores
fiscais recomendáranlles mudar de domicilio para a comunidade de
Madrid para non teren que pagar ese imposto. Nos tempos que corren
,onde personaxes nun tempo respectables e con responsabilidades
públicas saquean o diñeiro de todos,lévano a paraísos fiscais
para non contribuír no seu pais,ninguén negará que estes dous
cidadáns merecen ser candidatos a medalla de honra de Galicia ou as
de Castelao ou a algunha que se cree a propósito para conmemorar
condutas heroicas. Axudaría ademais,xa que os exemplos arrastran e
as palabras lévaas o vento,a ser un referente ético onde a lei que
impera é a de que o diñeiro,canto mais mellor, é a medida de todo
.
Cos mellores desexos.Rafael
Pois os meu voto xa o ten, Rafael. Mulleres heroica habelas hainas, e Dona Rosalía Mera, é unha delas.
ResponderEliminarGrazas, pola parte de galega que me corresponde, a tan insigne SEÑORA.
Antonio Puertas
Moi ben Antonio.Di o dito que é de ben nacidos ser agradecidos.A esta muller cando se faga historia,a de verdade .e a que é a mestra da vida, terán que quitarlle o sombreiro para saudala como unha das boas e xenerosas que se deron nesta fecunda terra que é a nosa nai Galicia.Nós non o veremos pero a nosa descendencia si que o verá.Saúdos Antonio dun blevisiano da quinta do 57.
Eliminar