Quinta do '57
CONVIVENCIA ANUAL
|
15 de setembro Día de Nosa Señora das Dores:
na Coruña, no seu centro histórico ou “Cidade
Vella”
Homenaxe especial ao compañeiro Andres, con ampla xurisdición canónica en praza, “bispo de
Coruña in pectore nobis”
Amigos
da Quinta do ’57: será raro dar con alguén, entre nós, que non teña
cantado nalgunha ocasión aquilo de:
Vivir na Coruña, qué bonito
é!
¡Andar de varanda e durmir de pé!......
Imposible
xa, se lestes ata aquí, que non esteades
cantaruxando esta cantiga. A convocatoria deste ano é a ocasión de cantala a
pleno pulmón no corazón mesmo da Coruña, na súa “cidade vella”.
PROGRAMA
11,30:
Presentación e saúdos, no adro da
igrexa parroquial de Santiago, moi
próxima á Praza de María Pita.
12,00:
Explicación sobre esta igrexa, a
máis antiga da Coruña, a cargo do seu
actual párroco, “un tal” Andrés
García Vilariño.
12,30:
Visita á Colexiata de Santa María do
Campo, a cinco minutos da anterior.
13,00: Celebración da Eucaristía na mesma
Colexiata, igrexa co-parroquial coa de
Santiago.
14,00: Camiñada sosegada pola cidade vella, achegándonos ao convento e
colexio
de santo Domingos, onde na capela do Rosario se venera a imaxe desta
advocación mariana, declarada patroa
da Coruña desde o asedio á que se
viron sometidos os coruñeses pola
poderosa armada inglesa dirixida por
Francis Drake no ano 1589
14,45:
Xantar, (25€) será no restaurante da Sociedade
Deportiva Hípica
magníficos panoramas sobre a enseada
pola que entran os barcos no porto
da Coruña.“Cos
ollos tamén se come”, din os cociñeiros. E tamén: “A comida entra
polos ollos”.
Despois
do xantar faremos outra curta camiñada para espabilar as pernas e visitar: Museu histórico-militar, capela Venerable Orde Terceira franciscana
Axuntamento, Museo Pardo Bazán, casa Maria Pita…e o que se tercie. ……todo no entorno
Ata vernos e cantar iso de “Vivir na
Coruña…”
Coma sempre, para
confirmar a asistencia, avisos ou consultas, contamos coa
Secretaría ad casum, integrada por:
Agustín Dios Vigo – Tfs. 679239351
Enrique Vázquez Posse – Tfs.
636050952
Ramón Senín Bello – Tfs. 986844674
ACCESOS en coche: PARA ACCEDER EN COCHE ÁS
INMEDIACIÓNS DA IGREXA DE SANTIAGO, CÓMPRE QUE NA PRAZA DE OURENSE COLLADES
POLA DEREITA
(antiga Avenida do Alférez Provisional, hoxe “Avenida do Porto”) e, entrando no
novo túnel, que sae o entorno do Castelo de San Antón; circulando polo vial da
dereita con acceso interior o aparcadoiro Marina-Parrote; circulando po la
esquerda, con acceso interior o aparcadoiro Maaria Pîta e saida a praza de España-cuartel de Infanteria y
detrás do cuartel en fronte a Hipicaa outro aparcadoiro.
Aparcadoiros públicos: De casualidade,
entorno Castelo de S. Antón, da Torre de Control no dique de abrigo, tras a
Cruz Roja y as murallas da cidade, en fronte a Hipica e o Rectorado, paseo
marítimo (marxen esuerda) entre Hìpica y
traseira do cementerio de San Amaro. Todo cerca de igresa de Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario