Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 29 de septiembre de 2009

PARABÉNS

Véxome na obriga, mediante esta contribución ao faladoiro cibernético, de felicitar a unhas cantas persoas de todos coñecidas, e algunhas recoñecidas , polo seu bo comportamento.

A primeira congratulación é para o noso novo conversador Miguel Angel Doval Pose que estreou esta bitácora hai poucos días. Pode facelo en castelán e despois, de vir mais por Galicia,acabaría facendo unha inmersión lingüística e recuperaría as súas raíces idiomáticas como os nenos que sen gramática, dicionario e sintaxe aprenden a falar que da xenio velos. Levando desde os 16 anos fora de Galicia, naqueles tempos, é normal que o galego lle pareza unha lingua allea E bonito o que nos di sobre o que supuxo para el esa xornada festiva .

Cóntanos algo de Andalucía. Terra tamén fermosa. As súas xentes,as poucas veces que estiven aí, parecéronme moi acolledoras. Traballando ademais na Audiencia posiblemente teñas anécdotas curiosas que contarnos .Eu exercín a avogacía aquí en Coruña durante 20 anos e os funcionarios sodes a alma da xustiza. Os xuíces oen e escriben as sentencias pero a oficina xudicial é cousa vosa e se funciona tamén o fai o Xulgado ou Tribunal que corresponda. Satisfeitos por terte entre nós. Fisicamente na convivencia e agora neste taboleiro como lle chama Andrés.

A segunda felicitación e para Xosé Ramón o Presidente da Real Academia Galega por saber estar no seu sitio e no seu papel ,o dia 7 deste mes, cando recibiu en Celanova o premio da casa dos poetas que lle entregou a Fundación Curros Enriquez. Dixo diante o Presidente da Xunta e do Conselleiro de Educación que “non pode gardar silencio nin mirar para outra parte” cando se fan decretos de costas a Academia que “é por norma responsable do coidado da lingua galega” “Non foi a RAG quen removeu as augas” e criou “desasosego”na cuestión lingüística que “parecía asentada nos últimos anos”

Pediulles que como en Santiago ,cando se vai dar o abrazo ao Apóstolo ,lle pedisen a Curros que os iluminase e lles de se sabedoría para “transmitirlle ás novas xeracións a nosa cultura sen minorizala nin rebaixala”

Advertiunos de que non creasen problemas co idioma. Din as crónicas que concluíu cunha sonora ovación e con parte do público, entre eles un fillo de Celso Emilio, postos de pé.

O discurso non ten desperdicio. A Xosé Ramón como alumno sempre o admirei e nesta ocasión moito nais. A José María Tacón que os unía unha boa amistade, xa de vello,que o felicite por este discurso que pasará os anales da RAG.

A quen tamén hai que felicitar e a Manolo Rivas, acabado de nomear académico, unha gran figura literaria que fixo de transmisor da mensaxe de Barreiro cualificando o discurso de Barreiro de"declaración histórica" e "acto de dignidade histórica".Manifestou que:"Vai espertar a moitos que están anestesiados, porque durante a campaña houbo moita manipulación e intoxicación co tema da lingua. De aí a necesidade da valentía de facer este acto en primeira persoa, e cara a cara", proclamou acerca dunha voz -por Barreiro- "que encarna moitos anos de dignidade".

Isto xa o sabedes pola prensa pero non está mal que alguén o lembre como fago eu agora para colaborar a que esta xanela siga aberta a todos e que consideramos como algo propio.Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario