Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 21 de septiembre de 2009

Unha xornada para lembrar: A Guarda 19/09/2009 (Andrés GV)

O grupo na praia dos Muíños, esteiro do Miño.


A citania do monte Santa Trega, desde a estrada de acceso.


Dios Vigo, Ramón Senín, García Ferro, López Amboage
Rosa a guía, Payo Cangado. De costas, Tacón Míguez.


Co alcalde da Guarda e o concelleiro de Cultura no peirao da vila.


Trío de anfitrións, de esquerda á dereita: o concelleiro de Cultura,
o noso compañeiro e anfitrión García Pais, e mais o alcalde da Guarda.


O programa de actos preparado coidadosamente por García Pais cumpriuse e rebordou as expectativas que suscitara desde o principio. Resultou acertada a idea do autobús, que xa supuxo un espazo de convivenza e comunicación para os 20 da Coruña, os 10 de Santiago e os seis de Pontevedra. Liberounos da preguiza que podía supoñer unha viaxe longa e liberounos das cautelas coa bebida no xantar. Supuxo tamén para os excursionistas unha primeira degustación do DVD de saudades preparado por Enrique Vázquez Pose e o seu amigo Alberto.
Para todos, especialmente para os ausentes, resumo brevemento os datos máis notables do encontro. Recepción do alcalde da Guarda, no peirao da vila, aos membros da Quinta do 57, con agasallos e souvenirs incluídos. Podedes ver o testemuño gráfico.
O concello puxo á nosa disposición unha guía competente e guapa, Rosa, que nos acompañou durante a visita ao esteiro, praia dos Muíños, onde se xunta o Miño co mar Atlántico.
Desde alí, subida no autobús ao monte de Santa Trega (Tecla, Tegra) onde a nosa guía explicou a historia, composición e curiosidades da citania castrexa galaico-romana, como anotou expresamente, e non celta, como se adoitaba dicir. Seguiu a visita, tamén, concertada co goberno municipal, ao Museu da citania, onde contemplamos as labras identitarias dos fogares e familias, os torques e outros obxectos, algúns autóctonos, outros importados polo comercio daquelas xentes con fenicios e tartesos.
A celebración da eucaristía, cando xa o estómago reclamaba atención, foi coma sempre un testemuño fraterno, que condensa moitas experiencias fondas de fe, algunhas moi vivas, outras máis atenuadas, todas valiosas polo que teñen de recordo, presenza e provocación interior. O memento de defuntos coa enumeración de todos os compañeiros falecidos -coa omisión non culpable de Vizcaya Sampedro, como se constatou despois xa na mesa- é un memento (recordo) pero é tamén un lazo de solidariedade entre todos, os de aquí e os de alá. O xantar farturento e sabedor, como se esperaba, incluíu no postre os típicos "mirabeis " do Rosal e a rosca típica da Guarda. Repartíronse as fotos de recordo da convivencia do ano pasado en Brión, xentileza de Barral Martínez. Un intento fallido de proxectar no salón o DVD das saudades preparado por Vázquez Pose demostrou que as persoas podemos entendernos pero as máquinas non. As explicacións do autor serviron para facer ganas de enxergar na casa un logro que se pode mellorar moito, como el dixo, se lle facilitamos esas fotos de grupo ou persoais que teñan que ver coa vida de seminaristas. O DVD foi un novidoso agasallo e unha chamada á colaboración para unha segunda edición do mesmo. Acordamos ter en Muxía a xornada de convivencia de 2010.
Con certa relaxación fomos deixando o salón do restaurante, démonos a despedida cos compañeiros de Vigo, Outes Ruso, Iglesias Muras, Barral Martínez, sacrificado e xeneroso fotógrafo oficial das convivencias, así como co noso solícito anfitrión, Rafael García Pais, a quen fixemos constar a gratitude e satisfacción xeral dos compañeiros todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario