Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 17 de septiembre de 2009

SOMOS O QUE RECORDAMOS

"Somos o que recordamos.
O esquecemento que seremos".
Onte abrín impaciente o blog, tras uns días viaxeiros por terras vascas sen portátil pendurado, e fun gratamente sorprendido polas entradas de Antonio, de Rafael e, sobre todo, de Luís Sánchez Otero, por ser primeirizo, e por terlle enviado saúdos anuais por Antonio, seu irmán.
Mnemósine, a potencia creativa da memoria e da alma, é unha nai que tivo nove fillas-musas. Unha delas, Clío, a musa da historia, foi sempre maltratada e manipulada, por ser quizais a máis indolente. Os grupos de poder sempre a utilizaron, e utilizan, para conseguir os seus propósitos, de xeito que a historia da humanidade ven sendo unha dramática historia do esquecemento.
A mirada do relato histórico adoita ser depredadora e carnívora, porque quere conquistar e impoñerse. A memoria literaria, pola contra, é pacífica e remoída, permite ollar a historia desde un presente recordado.
O esquecemento intencionado, como o de Creonte e o dos últimos anos, pode converterse nunha tara colectiva.
É máis recomendable cultivar a memoria de Antígona, que lle responde ao pai:
"Has de saber que nacín non para compartir con outros odio, senón para compartir amor".
Os detectives da historia saben, como Freud, que "censurar un texto non é difícil, o difícil é borrar os seus rastros".
Algún experto en saúde mental reecomenda "reconstruír o pasado" e "abrir o porvir" para loitar socialmente contra o esquecemento. Hai que poñer fin, como di M. Rivas, á "suspensión das conciencias " que se impuxo durante moitos anos de represión e horror.
Como mostra do que digo, engado dous textos, un histórico en prosa, e outro poético dunha meañesa:
Café e puro.
Franco firmou miles de sentenzas de morte, deste xeito, segundo testemuñas da época:
"Martínez-Fusset desprega a súa carteira e extrae as sentenzas que en ultimísima instancia se elevan a Franco. A famosa petición de clemencia ao Caudillo. O misterioso militar xurídico -Martínez-Fusset- le nada máis que o nome, a idade e a profesión do condenado. Ás veces , Franco, sen erguer a cabeza dos papeis, pregunta:
- ¿Partido político?
Tras a resposta de Martínez -Fusset, o propio Caudillo apunta:
- Garrote ou fusilamento.
E firma desentendéndose do tema.
A rutina diaria, normalmente na dixestiva hora do café, era unha celosa tarefa que nunca quixo delegar o ditador".
Fernando González.
Tarjeta postal
Mi Generalísimo
Redentor de España,
Prodigio y Lumbrera,
Honor y Piedad,
ruta iluminada de serenidades,
Paladín de Altar;
Brújula y Destino,
Señor de milagros
y Jefe infalible del Patrio solar.
¡Franco!
Tesón y Bondad.
...............................
¡Franco es la Verdad!
Herminia Fariña (1902-1967).
A que mola! A min este paréceme algo herético e irreverente: fíxate no uso das maiúsculas e nos adxectivos e aposicións debidas a Cristo e ao Papa, pero supoño que esta xoia levantaría moitos espíritos, aínda que endurecese moitos corazóns.
Igual é certo que "a vida non é como un a viviu, senón como a recorda para contala", segundo escribe Gabriel García Márquez.
Paréceme útil a lectura de Cartas de republicanos condenados a morte. (1936-1948).
Xesús Alonso Montero.
Xeraais. 2009. (Crónica).
Rompe certos tópicoa gratuítos , porque demostra con documentos públicos (testamentos) e privados (cartas) que a poucos días/horas da morte eran felices porqque ían ao encontro de Deus por defender ideas xustas fronnte ao golpista. Isto sóame a martirio, pero non entraron na listas de canonización masiva.
Tamén ocomplementa o tema Os libros arden mal.
Manuel Rivas.
Xerais. 2008. (Narrativa).
Adéntrase na mente daqueles esbirros de salvapatrias.
Como conclusión destas entradas sobre a memoria, traduzo e reumo as palabras de Xosé Álvarez Junco, pronunciadas en xullo deste ano:
A memoria histórica "non é un acto de revancha".
"Non pretendemos refacer hoxe a historia nin proclamar que están agora no poder os que perderon a guerra hai 70 anos. Non se trata de competir nin de sacar agora unha espiña para afundila na carne doutro. Por iso ninguén debe temer nada nin agocharse nas casas desempoeirando as armas e preparando os seus argumentos para defenderse.
Tsmpouco pretendemos facer xustiza, porque neste caso non é posible.
Ninguén pode devolver a vida a quen a perdeu nin a xuventude aos que a pasaron no cárcere, no exilio, nin aos que a viviron de negro silencioso como membros dunha familia de paseados".
Eduardo Seco.

1 comentario:

  1. Volvo a isistir,Eduardo,e,sin ánimo de xustificar as atrocidades da posguerra,que foron muitas,que non se pode un "ensañar SOAMENTE" nos feitos acontecidos,culpando do que pasou a un persoaxe como Franco.
    Todos sabemos,porque xa temos anos dabondo,que aqueles tempos foron difíciles,pois atrás quedaban muitas miserias e calamidades e que a aquela situación levounos,seguramente,aconteceres eínda peores dos que previamente tiveron lugar despos da contienda fraticida.E preguntome eu:¿ Que pasaría si en lugar de seren as dereitas o vencedores,foran os do bando contrario...?.Huberan sido millores ou peores...?Sinceramente,penso que a revancha hubera sido muito peor.
    Esto é,amigo o meu parecer.Por iso,cando se fala dunha época como aquela da posguerra,hay que ser ecuanimes e non cargar tintas,como está a suceder agora,tan só sobre un bando.Franco está morto,e hay algún persoaxe vivo,protagonista de cousas peores,que está a gozar de "favores e honores" que NON é digno de ter.
    Un cordial saudo
    A.Puertas

    ResponderEliminar