Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 17 de marzo de 2010

Aniversario natural (Rafael)

Moi señores meus: Hoxe que teño algo de xeito vou a rexistrar para que quede constancia,a todos os afectos, que o Domingo día 14 do mes que andamos comezou a súa andaina este taboleiro electrónico ou foro “in memoriam Severino Calvo”como o bautizou Ramón Senín. Ese día o compañeiro e amigo Severino(d.e.p.) mandounos un correo a todos aqueles dos que tiña a nosa dirección nestes termos:
"!Hola a todos¡ Amigos y compañeros
 
A pesar de mis antecedentes, nunca me gustó hablar ni de religión ni de política, porque al final casi siempre terminas peleado.
 
Pero ayer surgió un tema que me gustaría debatir con algun amigo cura o ex.
 
Ayer toda la prensa nacional se hizo eco de uno de los logros mas importantes en los avances de la ciencia médica y que abre un futuro impresionante.
 
Por primera vez en España, se consiguió seleccionar geneticamente un niño, que al nacer va a curar su hermano que nació 7 años antes con una enfermedad incurable, (debida a el azar le causó una mutacion genética).
 
ESTO ES UN NOTICIÓN para el niño enfermo, para sus padres y para casi todo el mundo civilizado.
 
Por ello no entiendo, la postura de los obispos, descalificando este MILAGRO. Esto, sin duda, creo que lleva a vaciar iglesias y aumentar el número de agnósticos y ateos.
 
Me gustaría conocer vuestra opinión
 
Un abrazo"
 
O que veu despois xa e coñecido e xa vai alá un ano. “Tempus fugit”. Seguramente se tedes curiosidade podedes comprobar como en moitos casos non coincide o día de nacemento que figura na inscrición do libros de bautizados coa que aparece no Rexistro Civil. Os que teñen menos de 45 anos que naceron xeralmente en hospitais e que se lles estendeu un certificado médico de nacemento xa nos hai diverxencias entre ambos rexistros. A razón está en que a Igrexa, cando nacemos obrigaba a bautizar aos nenos inmediatamente despois de nacer ou cando menos ao seguinte día. Os partos eran atendidos no medio rural polas parteiras. Tanto no Rexistro Civil como na parroquia a data de nacemento era a que manifestaba a persoa que o inscribía. Ao cura dicíaselle o día anterior para que non berrase e no rexistro civil,xeralmente menos rigoroso o día real do nacemento ou outro calquera. De aí as discordancias moi frecuentes en xente da nosa idade.

Ven isto a conto porque este blog oficialmente inaugurouno Andrés o día 1 do mes de San Xoán (moi agradecidos todos), como podedes comprobar andando para atrás pero a criatura naceu realmente na data en que eu vos acabo de comentar. De todos modos como a data que fai fe é a que aparece no documento oficial, salvo proba en contrario, celebrarémolo por todo o alto, se chegamos alá , no seu aniversario oficial.

Moi bonito os versos de Puertas. Hai que ter coidado coa carteira sen ningún xénero de dúbida. O pai dun amigo meu aconsellaba ao fillo cando viaxaba que coidado coa bolsa dos cartos,Un home sen bolsa e un ninguén. Hoxe coa telefonía móbil e con Internet nun día de semana todo se arranxa aínda que perdas a bolsa. Se a perdes un fin de semana xa a cousa se complica mais.
Deica a próxima. Saúdos a todos .Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario