Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 3 de marzo de 2010

CREGO GALEGUISTA


Foise Espiña un galeguista convencido que contaxiou do amor a Galicia a moitas xeracións de mestres. Era da escola do Arcebispo lago González de breve mandato que tanto festexaron as Irmandades da Fala, o grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos. Pouco lles durou a emoción xa que antes de dous anos tamén se foi deixando moi consternados aos galeguistas da época.

Onte todos os periódicos se fixeron eco do falecemento menos a Voz de Galicia. Pola mañá mandeille unha nota nestes termos:

“O Luns faleceu en Pontevedra D. Manuel Espiña Gamallo. Crego afincado nesta cidade desde o ano de 1965 .Fíxose eco da noticia, ao día seguinte, toda a prensa agás a Voz de Galicia que eu saiba. Profesor na Escola de Maxisterio foi unha testemuña constante do amor a nosa lingua na que sempre impartiu as clases polas que pasaron moitas xeracións de mestres. Na igrexa das Capuchinas celebrou, por primeira vez, a misa en galego o mesmo ano que o facía o padre Seixas en San Domingos de Bonaval, o día do Apóstolo de 1965, coas autorizacións do Cardeal D. Fernando Quiroga Palacios. Liturxia en galego que sempre oficiou en bautismos, vodas e honras fúnebres,tanto na Coruña como en Igrexas de toda Galicia sempre que o convidaban a facelo. Mantivo durante moitos anos un artigo semanal nese xornal .” O outeiro de san Xusto” polo que espero que lle adiquen unha reportaxe a vida e obra deste insigne galeguista que tan bo traballo deixa feito e servizos prestados a nosa terra predicando co exemplo e facendo uso sempre do galego en todas as ordes da vida. Quedará para sempre na nosa memoria.”

Hoxe publícana e tamén adican nas páxinas da Coruña unha reportaxe realizada por Carlos Fernández Santander, historiador co que mantiña unha boa amizade ,coincidindo bastante co que xa publicara a Opinión. Tamén aparece unha columna de Luis García Mañá, Xefe Superior de Policia, moi bonita eloxiando o labor que deixa feito polo compromiso que sempre mantivo coa xente e a terra.

Vivirá para sempre entre os bos e xenerosos. Memorias e saúdos para todos. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario