Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 12 de marzo de 2010

OLLO COAS MAQUINAS (Rafael)

 Parabéns a Eduardo pola composición onírica que nos ofreceu por conta da desafortunada intervención do conselleiro de cultura D. Alfredo “Varilla”. O día de autos foi o 20 de Xaneiro,véspera da manifestación do ensino polo galego en Santiago, na inauguración da feira de turismo en Madrid.

Transcendeu xa no momento causando incredulidade nos que escoitaron en vivo,pola boca do Conselleiro, as poboacións polas que transcorría o camiño: Toro e Desván de los Monjes entre outras.. Unha das presentes foi Chus Pato que non daba creto ao que acababa de escoitar, incluso chegou a dubidar que non fose un soño como o que nos describe Eduardo. Doulle a vida que a súa beira estaba Iván Puentes, alcalde de Fene,que confirmaba que non era invención o que acababa de escoitar.

Como consecuencia do acontecido interpelaron ao Conselleiro no Parlamento e tivo mais que dicir: “Hai que ser estúpido para pensar que eu vou dicir Desván de los Monjes “Adíquense a traballar por Galicia e deixen de mirar en Internet que non hai mais que mentiras e estupideces...(mais ou menos).

Posteriormente a propia consellería aportou, supoño que sen sabelo, a proba do delito colando un vídeo no que aparece el “in person (Como din os pedantes) lendo Desván de los Monjes”como se lle fose un vocábulo de frecuente uso.
Antón Losada Trabada, bo periodista e profesor universitario, comentaba que estas miudezas que transcenden a todo o mundo e se comentan en todos os rueiros e tabernas perseguirán ao persoeiro durante moitos anos e durante toda a súa vida.´Fanse categóricas formando parte da personalidade como un alcume ou sobrenome polo que se recoñecerá na actualidade e posterioridade .As autoridades cando perden a autoritas so lles queda a potestas e o predicamento é ningún, que é o contrario ao de alguén.

As máquinas tradutoras instantáneas ademais de quitarlle o traballo aos profesionais da interpretación e tradución provocaron incluso o malgastar inxentes cantidades de diñeiro. Hai pouco sóubose que por un error de tradución dunha directiva europea na que coa mesma palabra se referían a concha de molusco e a casca de ovo montouse, na zona do Barbanza, unha fábrica para reciclar a cuncha do mexillón. Investiron varios centos de millóns entre o proxecto de investigación e a montaxe da factoría. Sempre dou problemas polo cheiro que producía. Non lle atoparon solución en varios anos coas consecuentes protestas dos veciños de Boiro e o alcalde rematou retirándolle a licencia por actividade nociva e insalubre.

Cando foron a Bruselas este ano a reclamar axuda descubriron que a directiva europea nada ordenaba sobre a cuncha do mexillón, co que sempre se abonaron as terras sen perigo algún para o medio ambiente nin para a alimentación. Os de ANFACO( fabricantes de conserva) quedoulles cara de parvos. A causa da desfeita e do malgasto de presuposto europeo foi dun tradutor sen que ninguén reparase durante tantos anos que había un error fatal de tan graves consecuencias.

O corta e pega tamén ten feito moito dano .Hai leis autonómicas que son un mero calco das de outras autonomías”ad pedem literae”:Os mesmos xuíces preguiceiros,de todo hai na viña do señor da xustiza terreal, fan cada sentencia na que nin se molestan en poñerlle unha letra homoxénea e do mesmo tipo e caracteres. Esta feita de remendos de outras e con contradicións de vulto. O mesmo se pode dicir de escritos de demanda,querelas, contestacións e alegacións dalgúns avogados que avergoñan aos seus compañeiros e poderíanse considerar unha estafa cando pasan as minutas, moitas veces astronómicas, aos seus clientes. Hai que andar con ollo,por tanto, e non abusar ou facer mal uso destas novas tecnoloxías. Con moderación son como o viño saudables pero en exceso fan danos de consideración.

Cambiando de leria hoxe están de loito as letras e a creación. Foise tamén D. Miguel Delibes. Terei que reler “El Hereje· que moito me gustou no seu día. Os santos inocentes vina no cine pero tamén a ficharei para os tempos de xúbilo. Cinco horas con Mario vina en teatro interpretada por Lola Herrero, gran actriz. Uns vanse e outros por sorte para nós quedan. Hoxe ven no Pais que Manolo Rivas e Suso de Toro son obxecto de estudo na Universidade Parisiense da Sorbona. É unha fachenda contar con estes ilustres persoeiros que tanto nos honra telos entre nós por moitos anos.

Por se o Domingo non teño xeito para satisfacer estas débedas literarias sirva esta sinxela contribución para que se me teña por presente e non se me poña falta. Saúdos para todos e que a vindeira primavera que xa peta á porta vos colla con ganas de nos aproveitar dela coa satisfacción e agrado que se merece polo que se fixo derrogar,despois deste negro inverno que tivemos. Deica a próxima. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario