Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 29 de marzo de 2010

Efémerides-2010 (R Senín)

Amigos quinta-57:

Neste ano santo xacobeo, 2º do 3º milenio do cristianismo, unha boa parte da quinta-57 cumprimos a idade de xubilación/retiro e paso de folla e apertura do último capítulo da mesma vida.(3ª idade).Somos os que ingresamos con 12 aniños en Belvís (1957) a idade de ingreso mais frecuente naquela época. O Outro dia falando disto cun amigo nos dixo que nos quedaban estatísticamente falando entre 10 e 15 anos de esperanza de vida.Outro que escoitaba replicou que iso da estatística era unha trapallada, porque había lido que esa é a cencia según a cual “ si tu te comes dos pollos y yo ninguno es como si nos comiésemos uno cada uno”, e añadeu : “nada mais incerto na realidade e na mais certo estatisticamente falando”.
Outro acontecemento de este ano e o cumprimento de 1º centenário do pasamento de D.Antonio López Ferreiro, citado neste foro. D José Mª Diaz Fernandez, deán, deixou constancia dilo no Correo Gallego de dia 20 dos correntes, de modo maxistral,como acostumbra.
Tamén por estas datas hay un ano, Severino Calvo (RIP) nos puxo a andar este foro (como moi bem recorda Rafael), pero ó meu entender camiña tembloroso e dubitativo, e alguns nin se atreven a dar os primeiros pasos ¿por qué será? Sobre todo tendo en conta que o futuro das comunicacións está nestas tecnoloxías. Eu prefiro o periódico e o libro impreso tambén. Esto si que é unha provocación, amigo Andrés L Amboage, pero no mellor senso da verba.(como diría Dª Rosa Diez do ser galego).
Felicitar a Eduardo e Rafael por manter o foro a tan alto nível, e os demais por participar.
Na contraportada do Faro de Vigo (18-3-10) ven unha entrevista a “un tal” Victorino Perez Prieto, teólogo, casado e non secularizado.Os que ledes Encrucillada coñecédelo ben. Hay uns dias tamén veu outra no Correo Galego. Ete si que vai provocar um arresto do Bispo de Mondoñedo, que é o corpo do Exército o que pertenece. Eu si vos digo a verdade, nos exércitos gustame a disciplina (que reviste su verdadero valor cuando la arbitrariedad o el error acompañan a la acción del mando y el corazón pugna por hacer lo contrario de lo que se nos ordena) e na igrexa gustame a comunión (in eclesia comunione) e a lealtade sempre nas duas institucións, entre outras cousas (outra provocación). O contrario xenera tensións innecesarias e frecuentemente escándalos. A Victorino vexo moi priscilianista. Os mais sensatos consideran tan improbable en Compostela a Prisciliano (S.IV) como a Santiago (Pérez de Urbel, Sánchez Albornoz,etc.etc.) O tema seguirá aberto,probablemente per secula-seculorum.
Nada mais por hoxe. A ver si estas parésticas de efemérides “provocan” algunha intervención mais aguda.

Feliz Pascua, Saúde, Adeus

No hay comentarios:

Publicar un comentario