Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 3 de marzo de 2010

Outeiro de San Xusto (AGV)

Graciñas, Eduardo, por ese servizo de achegar Encrucillada a toda a "quinta". Antonio, sinxelo e sentido o teu adeus a Manolo Espiña. Tiven a oportunidade de visitalo en catro ocasións durante a súa doenza, dúas veces na Coruña e outras dúas en Pontevedra. Fíxeno rir cando lle comentei a ironía de que en Pontevedra fose parar á rúa Rouco, que é onde vive a irmá.  Esta comentoume que a súa foi unha morte prácida. O sábado (el morreu o domingo) recibiu a comuñón e o día seguinte foi esmorecendo cun sorriso amable no semblante e como entregado e disposto para o tránsito. Para elas, as dúas irmás, un falecemento en certo modo consolador. O tipo de enfermidade agoiraba moito sufrimento consciente para el pois, anque o corpo non respondía,  a lucidez mental era completa. Despexo, de paso, a dúbida de Eduardo sobre o nome que acollía os artigos de Espiña en La Voz.  Era o "Outeiro de San Xusto". (Andres GV)

No hay comentarios:

Publicar un comentario