Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 28 de junio de 2010

FELICES VACACIÓNS!

Pasamento
   Seguindo a técnica creativa de coller a última idea para empezar a entrada, comento a perda dun escritor-pensador-quixote ibérico, defensor de tantas causas xustas: José Saramago. Os comentarios do Vaticano creo que se poden encadrar na liña do ultraconservadurismo. Recordo que cando Esperanza Aguirre era ministra de Educación, a unha pregunta dun periodista, contestou: "No tengo el gusto de conocer a esa señora (Sara Mago). Finxir ignorancia sobre unha persoa pode utilizarse como arma ofensiva.
   Xa teño comentado algún  dos seus libros. Canda a triste noticia, estaba lendo Unha balsa de piedra camino de Haití. "Porque todos tenemos una obligación". É un libro escrito en 1986 co título A jangada de pedra. Nada ten que ver con Haití, pero foi reconvertido o título en 2010 e publicado por Alfaguara. O importe desta edición é doado integramente á Cruz Vermella Internacional para auxilio das vítimas do terremoto de Haití.
   A península Ibérica sepárase de Europa e aboia polo Atlántico á velocidade de 2 km/h cara aos Azores... Creo que é unha metáfora da incomunicación humana.
   Hai tempo  lin La ceguera, impresionante e recomendable. Analiza o comportamento da raza en situacións limite.
   Este portugués exiliouse voluntariamente en Lanzarote porque en Potugal lle prohibiran publicar El evangelio según Jesucristo. Coa nova da súa morte, as  vendas dos seus libros subiron un 260% no país veciño.

Foto-mensaxe
   As fotos-mensaxe de Muras son testemuña dunha realidade sociolóxica que ven sufrindo Galicia: o despoboamento da Galicia interior e a conseguinte falla social que se crea entre a Galicia atlántica e a montañesa. En Sarreaus (Ourense) había unha aldea abandonada, alguén a comprou e restaurou para turismo rural. Agora vai visitala moita xente para admirar a transformación.
   Estas fotos de notario teñen valor de futuro. De paso, demostran que non fan falta 12 megapíxeles para facer boas fotos. Parabéns.

Foto simbólica
   Sen pretender corrixir a Massiá, creo que os 25 anos da UE quedan mellor representados cunha árbore froiteira cargada de resultados, como unha maceira en setembro. O que avanzamos na Unión en só un cuarto de século era impensable en 1985; especialmente se recordamos a historia guerreira europea do século XX.

Cursiño de que?
   Ao cursiño de galego tamén eu pensaba levar a proba do resultado das miñas horas de cociña-laboratorio.
Pero sería cursiño de galego ou de borrachos?
    A receita non era estilo Rivadavia, senón Ribadavia: Ribeira do Avia, como Ribadeo, Ribadulla, Ribadumia, que corresponden ás ribeiras dos respectivos ríos. Ribeira (A Estrada) e Santa Uxía de Ribeira tamén son con b.
 Ripa (latín) evolucionou ao galego riba. O fonema oclusivo xordo /p/ sonorizouse en /b/. Pola mesma razón,
Ribeiro e Ribas.
Coa toponimia hai que ser rigorosos, porque a única forma válida é a galega, segundo a lexislación vixente. E como foi tan deturpada, e segue sendo...

Pórtico da Gloria
   Hai días subín ás estadas do Pótico de Gloria. Visita interesante, enpeza na cripta e chégase ata os 24 anciáns do Apocalipse; con todo, hai moito ferro que se interpón. Tamén se admiran os 19 instrumentos musicais reproducidos e que soaron nun concerto de música medieval polos anos oitenta.  Gustoume máis a visita ás obras da catedral de Vitoria, a que se explica en Un mundo sin fin, de Ken Follet.

     Saúde e boas vacacións.
          Eduardo Seco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario