Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 29 de junio de 2010

REVOLTO ARGALLANTE


  

Saúde e saúdos para todos en primeiro lugar. Aínda que o enunciado parece unha receita de cociña non é verdade. E unha ocorrencia. Nótase que estamos en tempos de verán e de vacación . Con moito traballo,os ensinantes coas notas de fin de curso e coas memorias e a burocracia cada vez máis grande coa que nos premian as autoridades da administración educativa. E todo aliñado cunha boa ración de preguiza asociada ao tempo festivo, descontando o que perdemos diante do castravexo, a conta do mundial de futbool.
A primeira argallada comunicativa é para o amigo Andrés que nos convidou a un xantar na súa casa da aldea e parece que moitos foron os chamados pero poucos os que aceptaron. Eu lamento non poder acompañar aos comensais e á súa familia. Como di el outra vez será. De todos modos quero agasallalo co texto do poema de Rosalía que lle impactou e axudou a descubrir a beleza da súa sentida e revolucionaria poesía.

 

 
Na tomba do Xeneral Sir John Moore":

¡Cuan lonxe, canto das escuras nebras
dos verdes pinos, das ferventes olas
qu'o nacer viron!..; dos paternos lares
do ceo da patria, qu'o alumou mimosa
dos sitios ¡ay! do seu querer: que lexos
víu á caer baix'enemigo golpe
pra nunca mais se levantar, coitado!
..................................................
Mais que fermosa e sin igual morada
lle coup'en sorte ós teus mortales restos...
c'o seu respeto compasiva vela
pol-o estranxeiro á quen traidora morte
fixo fincar lonxe dos seus, e á alleos
víu á pedir o derradeiro asilo.
................................................

Cando do mar atraveses as ondas
y o voso irman a visitar veñades
poñé na tomba o cariñoso oído
e se sentís rebuligar as cinzas
e s'escoitás indefinibres voces
e s'entendés o que esas voces digan
a y-alma vosa sentirá consolo
El vos dirá qu'arrededor do mundo
tomba millor qu'aquí atopou n'achara
senon dos seus antr'o amoroso abrigo.


Pois alí está ,Andrés, no Xardín de San Carlos, desde o ano de 1927, e, como hai medio século, ti a lías. Hai uns días fomos a ver unha exposición na Fundación Luis Seoane e achegámonos ao Arquivo do Antigo Reino de Galicia .Ese arquivo é un océano de documentos. Alí foron a parar todos os ficheiros e libros administrativos dos tempos do franquismo e anteriores. Gracias a ese arquivo moitas mulleres e algún home do Cabo da Cruz que, desde o ano 1921 que se creara o retiro obreiro, traballaran ,aínda que soamente un día e se puidese acreditar, nas fábricas de peixe, xa tiñan dereito a cobrar o que despois se chamou o Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez. Que teñades un bo día para o xantar¡

Esta semana pasada pasaron moitas cousas. Morreu un dos poucos grandes teólogos José Marías que quedaban vivos: o xesuíta sen papeis. Diez Alegria Hai en redes cristianas e publicáronse en toda a prensa comentarios moi bonitos. Foi moi querido e respectado como o seu homónimo P. LLanos o do pozo do Tío Raimundo e González Ruíz recoñecido como o cóengo malagueño.

De Alegría que coñecín persoalmente desde que o votaran da Gregoriana e se veu para Madrid, estabas falando con el horas e horas, cando viña a durmir á casa e cos cregos , cos que eu convivín, digo que o que mais me impresionou foi esta frase do seu testamento (sic) ‹ Finalmente pienso que la Iglesia católica en su conjunto ha traicionado a Jesús. Esta Iglesia no es lo que Jesús quiso sino lo que han querido a lo largo de la historia los poderosos del mundo. Estas son las ideas que ahora tengo, sordo y medio ciego, esperando la muerte con mucha esperanza y con mucho humor.
Como dicía D. Antonio R. Villasante antes de comezar as clases:”O que teña fe que rece”.”El parecíanos que tiña pouca ou ningunha pero firmaba certificados de boa conduta para sacar a republicanos dos cárceres.
Para Chucho que non se esqueza,cando teña xeito, de mandarnos algunhas fotos mais e despois do verán,se antes non quere,manter estas comunicacións que poden ser de calquera cousa que un queira contar.
Para Ledo que pese a que ten que ser asistente de si mesmo e cumprir coa dirección do coro e restantes obligacións,cando teña algo de tempo e lle apeteza que nos conte,facendo memoria, como foi aquela aventura do Pico Sacro con Mosquera Villar. Querían saber a onde ía parar aquela cova na que se soltabas unha galiña aparecía no rio Ulla ao día seguinte .Había unha carta que me mandaras nun verán contándomo pero perdina igual que outras cousas e hoxe canto daría por tela. Que a saúde non falte..
Eduardo sempre é un pracer ler o que conta. A lección de filoloxía que nos deches, sobre ripa e riba, faltoulle aquelas regras mnemotécnicas que nos facía aprender D.. Alejandro: bodega,petaca,forceja.
A Andrés haille que respectar a ausencia pola cantidade de exames que ten que corrixir. A nosa idade é un dos martirios da profesión de ensinante. Sorte e logo algo de vacacións se podes collelas.
Aos demais todos, xa que se está acabando o papel, xa nos veremos como dicía a canción se queres aquí aquí ou alá alá e senón na casa do cura será. Rafael
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario