Amigos todos: Acabo de poñerme en contacto con Herminio Cambeiro Cives dándolle noticia deste blog. Espero que pronto dea sinais de vida. Cambeiro rematou a filosofía en Sanmartiño. Tiña grandes inquietudes. Unha personalidade de base altruísta . Lembro que a súa idea era axudar e servir onde fixese mais falta o que o levou ,xunto a outros compañeiros,a irse para o seminario que tiña a OCSHA (Obra de cooperación sacerdotal hispano americana). Aí perdinlle a pista. No ano 1989 destináronme ao Instituto no que traballo e teño un compañeiro que se apelida Cambeiro Cives. E irmán, mais novo, de Herminio. A través del tiven noticias súas. Adicouse a melloralas condicións dos traballadores do ensino e a calidade do mesmo. Xa el nos contará algo mais para poñernos ao día. Rafael
N.B. Información legal:RECOÑECEMENTO DE MINUSVALIA. Os que teñades algunha avaría crónica e unha saúde deteriorada podedes solicitar ante a Consellaría de servizos sociais da Xunta de Galicia un recoñecemento do grao de minusvalía que se é igual ou superior ao 33% ten sobre todo vantaxes fiscais, entre outras as mais importantes son:
Exención do pago do imposto de matriculación na adquisición de automóbil.
Exención de pago do imposto anual de circulación de vehículos.
Unha dedución importante no I.R.P. F que pode supor un aforro de mais de 1000 E na couta do imposto.
Poden existir outras vantaxes pero xa dependen da renda dispoñible de cadaquén.
Estas vantaxes non teñen nada que ver coa Seguridade Social nin coa Lei de Dependencia; Son axudas a discapacidade que xa hai moitos anos que existen pero das que hai unha gran ignorancia a veces entre os propios médicos. Se lle poden servir de axuda a alguén mellor,
No hay comentarios:
Publicar un comentario