Hai xusto corenta e un
días que estiven ausente deste foro comunicativo. A razón non foi
outra distinta ao desánimo no que caemos un pouco todos agás o
intrépido Puertas que non lle falta tinta para o cálamo e sempre o
ten a man para poñer unhas letras.
Aos que me mandaron
algún correo ou me chamaron para preguntarme se me pasaba algo malo
debo manifestarlles que non. Todo o contrario. Andei tocando o corno
anunciante do xubileu. Tamén desde este mes formo parte do selecto
club dos que acedemos a unha pensión contributiva .Que por moitos
anos permanezamos asociados e que mellore a economía para que poidan
aumentar as cotizacións e non se poña en perigo o estado do
benestar do que as pensións son un dos piares fundamentais.
Andrés comentounos o do
corno que anunciaba o ano xubilar en Israel. O que non nos
dixo,tampouco tiña porque o facer, e cal era o motivo da ledicia. Se
os meus acordos non me traizoan, tennos contado Rafael Silva Costoyas
, facía falar ás Sagradas Escrituras,o motivo era que cada sete
series de sete anos ou sexa o ano corenta e nove, ou mellor dito cada
corenta e nove anos, os israelitas liberaban as terras deixándoas a
barbeito e repartían a terra de novo. Así empezaban todos coas
mesmas oportunidades evitando que se apancase a riqueza. Había
equidade e xustiza material e social nos modos en que se organizaba o
pobo de Deus no A. Testamento. Eran outros tempos.
O que me animou hoxe a
escribir foi un correo que me chegou duns amigos madrileños no que
me facilitan unha serie de direccións que me son moi útiles. O que
gratis me deron tamén gratis o dou mentres a chamada lei Sinde o
permita,Isto non está nin estará penalizado sempre que non vendamos
aquilo que descargamos.
Primeiro vai iso e
despois,se hai tempo, porei algunha zaragallada mais.
Se vos queredes
comunicar en calquera das linguas mais frecuentes utilizade ese
tradutor automático:escribes o que queiras,na lingua que queiras e
tradúceo a lingua que queiras. Un auténtico pentecostes.( Debeu ser
o que utilizou o noso Roberto (Varilla) o de cultura cando dixo que o Camiño de Santiago pasaba por “Desván de los
Monjes”):http://www.tradukka.com
Se queres escoitar outras
músicas que non sexan as habituais nesa páxina podes escoitar unhas
mil pezas:www.welkestijl.nl
Se non son do teu gusto
ou as consideras de mala calidade na seguinte atoparás boa
música:www.buenamusicagratis.com
Se o que realmente
prefires son cancións soamente en italiano entón e aquí onde tes
que clikear: http://www.italiasempre.com/vers2/mp32.htm
Se non estás para
gaitas nin músicas e queres acceder a outros sitios de distinta
utilidade vas a este universo e verás como algo de alí che
gusta:http://www.wondersoftheworld.tv
Se o que queres,en
realidade son libros e revistas pódelas encontrar nesas páxinas:
No caso de que sexas un
lector compulsivo e que o que necesitas é a biblioteca da UNESCO
tela tamén ao alcance da man: http://www.wdl.org
Se acaso foses un
reposteiro frustrado ou un auténtico”cocinillas”aí podes dispor
dos receitarios mais
requintados:http://www.recetasderechupete.com/todas/recetas/recetarios/
Se es un afeccionado ao
cine, como Fernando Ledo ou Andrés Vilariño, e hai películas que
volverías a velas de boa gaña,nestes sitios tes de
todo:www.dospuntocerovision.com
http://www.cinetube.es/indices/peliculas.html
http://www.divxonline.info/peliculas-estreno/1.html
http://www.tomapeliculas.com
http://www.cinegratis.net/index.php
http://www.dospuntocerovision.com
http://www.veocine.es
http://www.cinetube.es/indices/peliculas.html
http://www.divxonline.info/peliculas-estreno/1.html
http://www.tomapeliculas.com
http://www.cinegratis.net/index.php
http://www.dospuntocerovision.com
http://www.veocine.es
Se queres observar o que
pode facer a tecnoloxía pincha aquí:
www.oddcast.com/home/demos/tts/frameset.php?frame1=talk
Se queres ver algúns
dos recursos cos que contan os
ensinantes:http://roble.pntic.mec.es:80/arum0010/
www.amolasmates.es
www.amolasmates.es
Pero se en realidade o
que che segue gustando de verdade é o fútbol como cando estabamos
no Seminario entón tes que ir aquí: http://www.firstrow.net/
Pero ao mellor fuches bo
alumno con Ares Espada,en Hª da Arte, é o que che gustan son os
museos tes que ir aquí:http://www.mystudios.com/artgallery/
Pero, se en realidade o
que queres é deixarte destas andrómenas de xente lacaceira que non
ten moito que facer é o que queres,nestes tempos en que as economías
andan moi mal, é aforrar uns Euros cando vas facer gasolina entón
tes que ir á gasolineira mais barata e que non estea moi lonxe xa
que senón pode ir o gañado polo servido. Aquí é onde te informas
dos prezos dos carburantes mais preto da túa
casa:http://gas.encooche.com/
Saúdos para todos. A
Payo,agora que ten tempo,benvido tamén ao club, que nos conte algo
dos sesenta que pasamos xuntos ou de calquera outro tempo. A Vilariño
agradecido pola información sobre as películas. Ten bos gustos xa
que a crítica pon as dúas moi ben. Teñen catro estrelas.
Procurarei velas se non me pasa como con “18 comiddas” que xa a
quitaron e soamente a poñen en Santiago.
Non hai de que. Deica á
próxima xeira e non penso tardar tanto. Rafael
PD/ Saltei unha
páxina:http://www.xtec.net/~ealonso/flash/europa3.html
por se o que queredes é facer unha de aquelas excursións que
faciamos con D, Donato polos Montes Apeninos ou Os Alpes e repasar a
Xeografía moderna. E tamén se queredes ler o libro de Pagola
podédelo facer aqui:
http://www.sancarlosborromeo.org/http://www.sancarlosborromeo.org/docs/Libro_Pagola.pdf
Eu aínda non atopei a Arriano pero tampouco o rematei de ler.
No hay comentarios:
Publicar un comentario