"Xubilado" ten o mesmo étimo que "xúbilo" e "xubileo". Ten que ver con "YOBEL" o corno que, ao xeito dunha trompeta, anunciaba o ano xubilar. O paso do tempo fere a todos, e os membros da Quinta do 57 non estamos exentos desta ferida, anque algúns saben dismulala mellor ca outros. O don da vida ten esta curiosa duplicidade. Por un lado ten o límite do tempo e fainos vulnerables ao seu paso. Por outro lado, non ten caducidade, pois ese don é unha bendición que Deus non retira.
Vivir xubilosamente é un deber de gratitude con quen nos deu a vida, anque no tempo nos vexamos feridos pola precariedade, a mesma que el mesmo compartiu en Xesucristo. A superación dos límites temporais ten o nome cristián de resurrección, que será plenitude de vida con El. Amén.
Acabo de cumprir os 65. Este ano tamén eu me xubilarei xubilosamente do labor docente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario