Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 30 de agosto de 2011

AS DÚBIDAS OFENDEN...

LURA XIGANTE

Repousa xa nos verdes prados de Beldoña:

desprezado, humillado e diluído pola horta.

Despois de percorrer tantos mares

en fero combate caío escachizado

a carón mesmo pe da miña porta.

A nosa virxiña do Monte

tempo faltoulle e acudir á liorta

botándome un cabo pa telo amarrado,

pois a liña nas mans case me estoupa.

Non así a Virxe da Barca, no seu pelouro

avala que avala, coa indiferenza, case m´amola.

¡ Arnajado sexa o demo !

que tal nejrura de bicho meneando a cola,

cubríu de nejro ata ós larpeiros de Beldoña.

Xiringazos, habelos, hailos,

mais, como aquel que me chantou…

¡ rapaciños ! eu volo afirmo,xuro e maldigo,

xamais tal negrura correu polos canos da horta

como aquel que deixando a miña cariña torta,

na jameliña, envorcado, case me afoga.

Inda hoxe discorren polos canos, como jalipote,

ateisgados de tinta, sicha sobranceira pola pota,

dos bandullos sobranceiros que estopan.

A dúbida ofende, pois, nin son retratista,

nin confundo as miñas pescatas con xigantes muíños,

das comen tantos alleos e tantos veciños.

Vai por quen vai.

Antonio Puertas

1 comentario:

  1. Antonio, de verdade que estaba boa a lura xigante? Mágoa de tinta, porque nin a puideches aproveitar para impresora e darlles un toque verdadeiramente mariñeiro e pescatín aos teus versos, nin a puidestes comer "na súa tinta" que é como saben. Sigo intrigado, estaba boa a lura xigante? Xa sabes de quen...

    ResponderEliminar