CONVIVENCIA ANUAL
Salnés, 17 de setembro de 2011
Salnés, 17 de setembro de 2011
Anfitrións: Ramón Senín Bello (Tf. 986844674)
Andrés
López Olveira (Tf. 981747 375 begin_of_the_skype_highlighting 981747 375 end_of_the_skype_highlighting)
Queridos amigos e compañeiros: un ano despois do encontro estimulante e feliz
de Muxía, somos convocados para vernos e compartir inquedanzas e alegrías no
Salnés, nas terras do albariño, O DÍA 17
DE SETEMBRO, SÁBADO. Supoñemos que
tes a data xa reservada, pois é sabido que a nosa convivencia é sempre o terceiro sábado de setembro.
Velaquí o programa preparado:
12, 00 Recepción e
acollida no adro da igrexa e mosteiro de Armenteira.
12,30 Visita guiada da igrexa.
13,00 Celebración
da Eucaristía.
14,00 Translado de
todos os presentes no autocar da Coruña ao restaurante Altefrankfurt, onde
xantaremos.
NOTA PARA OS QUE CHEGUEN DESPOIS DAS
14,00
O restaurante e tamén hotel ALTEFRANKFURT
(Tf. 986 554 165) está na parroquia de Deiro,
na estrada PO-549, a dous
quilómetros de Cambados, sentido Vilagarcía.
16,00 (máis ou menos) Sobremesa
como de costume, con “degustación” de imaxes da convivencia do ano pasado.
17,00 (máis ou menos) Percorrido turístico: visita en autocar á Illa de Arousa
18,30 (máis ou menos)
Regreso á Armenteira para despedidas e recollida dos automóbiles.
![]() |
Muxía, lugar máxico da nosa convivencia o ano 2010 |
►►►Por favor, confirmade a asistencia antes do día 14 de setembro por teléfono ou
por correo electrónico. ¿Por que non facelo xa ao ler esta "entrada"? Se aparecese algún
compromiso de última hora que impida a túa asistencia, avisas e punto. Por favor,
non nos deixes ata as vésperas do encontro na incerteza do número de
participantes.
Os avisos, coma
sempre, aos compañeiros que desde hai tempo cumpren a función de enlace. Evitade, por favor,
apuntarse con dous enlaces distintos, en todo caso avisade de que xa estades
nunha lista. Son enlaces para a xuntanza:
RAMON SENIN E ANDRÉS LOPEZ OLVEIRA (v. supra) .
RAMON SENIN E ANDRÉS LOPEZ OLVEIRA (v. supra) .
ANDRES GV: 981917338
/ 687843065 / andresgv@mundo-r.com
AGUSTIN DIOS VIGO: 981674834
/679239351
ENRIQUE VÁZQUEZ POSSE: 636050952 / evp.33152@hotmail.com
IMPORTANTE: SERVIZO DE AUTOBÚS
Aínda que
incrementa os gastos, o servizo de autobús compensa a seguridade e a
tranquilidade de comer sen preocuparnos da Garda Civil de Tráfico.
Sairá o autobús
para os da Coruña e arredores ás 10
en punto desde o Fogar de Santa Margarida. Os turismos particulares quedarán dentro do patio do Fogar ou ben
aparcados nas proximidades. Enlace: Vilariño.
Ás 11, recollida
dos compañeiros de Santiago e arredores
na parada do autobús urbán que está onda a rotonda de San Lázaro, en dirección
á autopista A-9, onda a cefetería Caminante. O autobús procedente da Coruña dará a volta
na rotonda e parará no sitio antedito.
Anotarse avisando a Vilariño.
Desde Armenteira
o autobús fará o servizo de levarnos ao restaurante e mais á Illa de Arousa,
volvendo á Armenteira para recoller os
turismos particulares.
Eu, este ano, non puiden asistir. Por esas datas, atopábame por terras italianas, visitando, Pádova, Florencia e Roma. Mesmo agora, xa estou en Coruña. A ver se po vindeiro ano, estou con todos vos. Espero que o pasarades ben. Unha aperta, compañeiros.
ResponderEliminarAntonio Puertas