También yo quiero felicitar a todos los compañeros y amigos que hoy están de santo:
¡¡¡ FELICIDADES,pues, a todos los RAFAEL, GABRIEL Y MIGUEL. !!!
Larga vida y felicidad para todos vosotros.
Antonio Puertas
A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
sábado, 29 de septiembre de 2012
FELICIDADES, RAFAEL, MIGUEL E GABRIEL (Andres GV)
Xa estaba eu pechando a entrada anterior cando me decatei de que hoxe foi o día dos Santos Arcanxos Miguel, Gabriel e Rafael, nomes co sufixo hebreo -EL, que se refire a Deus. No caso de Rafa-EL a etimoloxía popular di que significa "Deus que remedia". No caso de Migu-EL, "Quen coma Deus"? E Gabriel para uns é: "home de Deus" (equivalente a mensaxeiro) ou "forza de Deus".
Pero aquí o que importa é que hoxe hai amigos de santo e cómpre que os felicitemos e lles desexemos longa vida e moitos anos cheos de ben e paz. E que Deus nos axude a remediar os males.
Pero aquí o que importa é que hoxe hai amigos de santo e cómpre que os felicitemos e lles desexemos longa vida e moitos anos cheos de ben e paz. E que Deus nos axude a remediar os males.
¡Sorpresa inesperada...! (Andres GV)
Despois da xuntanza de Sobrado/Oíns estivo na miña cabeza por varios días aquela canción que alguén no Seminario nos ensaiou para excursións e tempo libre: "Tú que brillas en el cielo..." Déuseme por buscala en Internet e resulta ser unha canción popular do bando republicano durante a guerra civil. ¿Sabía isto quen nola ensinou e promoveu no Seminario? A canción de seu é inocente, nostálxica, de lúa que consola a doenza do cantor. Pero esta connotación déixame sorprendido. Vede aquí a versión cantada que atopei, moito máis rápida de como a aprendemos nós.
Para descargala hai que pagar, pero escóitase ben e de balde neste enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=T1skAvfbMWI&feature=related
Para descargala hai que pagar, pero escóitase ben e de balde neste enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=T1skAvfbMWI&feature=related
jueves, 27 de septiembre de 2012
¿Que está pasando?
Queridos amigos: Hai menos dun mes
celebrouse en Madrid o 32 congreso de Teoloxía da Asociación de teólogos e
teólogas Xoan XXIII. Manteño algúns amigos,de belos e vellos tempos, que me
manteñen informado do que veñen facendo desde hai tantos anos. Envíanme o
material do pre-congreso e mais do post-congreso. Hoxe con estes modernos
inventos resulta moi fácil. Antes había que pagar o franqueo e soamente
chegaban a aqueles que tiñan verdadeiro interese. Este ano,de todos os materiais,
hai uns vídeos que son dignos de ver non unha vez senón varias.
Pertencen a un vello loitador de
finais dos 60 que aínda se mantén,como os vellos roqueiros,ao pe do canón.
Procede do movemento coñecido como Pax Christi e logo Xustiza e Paz. Explica o que nos está a pasar
socialmente e cales poden ser as alternativas para saír desta situación. Desfai
moitos mitos do pensamento imperante e ademais, como excelente profesor, ten o
don da claridade e de facerse entender con atender nada mais. (Creo que era D.
Pío o de Francés que se lle dicías que non entenderas preguntaba se
atenderas.Sostiña que o “A” está antes de “E”.Por tanto para entender hai que
antes atender.)
Pois despois desta introdución aí
queda a conferencia destes gran home que
ten moito que ensinar e nos moito que aprender deste sabio que é da escola de
Xosé Luis Sanpedro.
Deica a próxima e
bos desexos para todos.Rafael
sábado, 22 de septiembre de 2012
ADENDA A MAGNIFICA CRÓNICA DE ANDRES (R.G.R.)
Coa intención de que
constase para o devir que, coa fidelidade que nos caracteriza, o
pasado terceiro Sábado de Setembro nos xuntamos en Sobrado dos
Monxes pedíralle ao compañeiro Enrique Vázquez Pose que me mandase
unhas fotos para colgar aquí.
Cumpridor, como é
habitual nel, envioumas e cando me dispoñía a deixalas con algún
comentario, agradablemente, encóntrome con que xa Andrés o realizara coa
perfección coa que o fai sempre. Andrés,de seguiren adiante aquelas
experiencias de traballo manual do clero,ganaríase a vida como
deseñador gráfico ou montador de texto e fotos para a composición
de folletos manuais,libros ,revistas, páxinas Web et cétera.
Moito mal nos fixo
aquela idea absurda de que os cregos non valían para outra cousa. En
realidade era un complexo. A demostración é que tantos ex
relixiosos/as e cregos gozan e gozaron dun gran aprecio nas novas
profesións para as que se mudaron.
Xa vedes que ao non
deixar as fotos dóuseme por predicar,como di Muras, e como o
escribir ou falar non ten cancelas non me fagades caso que unha cousa
é dicir algo e outra é predicalo.
Parabéns ,por tanto,a
Vilariño polas reportaxes que nos deixou. Esperamos que unha vez,a
partires do día 30 ,adquira a condición oficial de vello ou
pensionista,dispoña de mais tempo para compartir as súas achegas a
este encerado que sempre,polo menos para min, son benvidas.
A convivencia deste ano
tivo certa orixinalidade polo contacto coa vida monástica. Para min
foi unha sorpresa contemplar de novo a grandiosidade do Mosteiro.
Sabía que pertencían ao Cister e pensaba que eran benedictinos
igual cós de Sarria. Chamoume a atención cando na explicación dixo
que eles tiñan o voto de permanencia ao Mosteiro e os de Sarria non.
Logo,a curiosidade é a fonte de coñecemento,naveguei pola rede e xa
me aclarei. Son trapenses. A regla de San Benito rigorosa. Non
obstante o que estaba ao meu lado ao ver que algúns se incorporaban
con atraso ao rezo da tercia comentoume que o prior ou abade tiña a
disciplina un pouco relaxada. Como agora non utilizan a sala
capitular non son chamados,segundo Vilariño, a capítulo. Se alguén
está interesado, póñoo por Fernando Ledo e algún mais que sempre
me din que agradecen os enlaces,podedes consultar estes :
Sorprendeunos a varios,
cos que o comentei, a ausencia dun blogueiro peculiar e impar como é
Eduardo Seco. Alguén dixo que ao mellor andaba pola Irlanda ou de
viaxe. Esperamos que a ausencia non se deba a algo malo e que mais
cedo que tarde nos siga obsequiando coas súas colaboracións sempre
valiosas e interesantes.
Tamén se botou de menos a a Xosé Luis
Suárez Cotelo que xeralmente non faltaba. Parece que foron razóns
de última hora. O mesmo lle pasou a Antonio Puertas ,tamén
blogueiro moi activo, que a última hora torcéronselle os plans e
non puido acompañarnos. Tamén é de agradecer aos compañeiros
cregos que,pese a ser un Sábado acudisen a convivencia e sobre todo
ao mestre Cutrín (así lle chamabamos familiarmente en San Martiño)
por coidar os años que tan sabedores estaban despois de pasar polo
aro das boas artes da cociñeira e auxiliares que tan ben os
condimentaron e serviron. Un saúdo para todos eles e mais para todos
os demais. Deica a próxima. Rafael
viernes, 21 de septiembre de 2012
CONVIVENCIA DE SOBRADO 15/09/2012 - Galería de Imaxes de Enrique Vázquez Posse
Barral, Cutrin, Doval Posse e Garcia Ramos |
Todos atentos na fermosa Sala Capitular |
Na Sala Capitular ten lugar o Capítulo, reunión da comunidade onde se revisaben os comportamentos e se impoñían as correc- cións. Por iso aínda se di "chamar a Capítulo" |
jueves, 20 de septiembre de 2012
ENCONTRO E CONVIVENCIA EN SOBRADO E OÍNS (Andres GV) (15/09/2012)
Día 15, sábado. O mes de setembro segue fiel ao verán que está próximo a finar. O día presenta unha mañá luminosa e grata.
Os da zona da Coruña chegamos a Sobrado, que estaba en festas, no autobús da empresa Vázquez cando xa faltaba pouco para as once e media. No amplo adro que dá acceso ao mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado xa estaba o grupo de Pontevedra e moi pouco despois chegaron os da zona de Santiago. Primeiros contactos e primeiras novidades. Non faltaron as gratas sorpresas de vernos con quen había tempo tiñamos perdido o contacto.
Os da zona da Coruña chegamos a Sobrado, que estaba en festas, no autobús da empresa Vázquez cando xa faltaba pouco para as once e media. No amplo adro que dá acceso ao mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado xa estaba o grupo de Pontevedra e moi pouco despois chegaron os da zona de Santiago. Primeiros contactos e primeiras novidades. Non faltaron as gratas sorpresas de vernos con quen había tempo tiñamos perdido o contacto.
jueves, 13 de septiembre de 2012
OCTAVA DA CONVIVENCIA 2012
Andamos na Outava
-diría o Padre Constantino quen, de haber un sitio no que se estea
mellor que aquí chámese Ceo ou Paraíso, alí estará por ter sido
un santo dos de lei- da festa da convivencia correspondente ao
presente ano.
Pois como sempre pendurei algo nestas datas
sinaladas,por non perder os bos costumes,deixarei hoxe unhas
consideracións por tratarse dunha efemerides que celebra o
semicentenario do paso do Seminario Menor da Asunción ao Seminario
Conciliar de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela.
Comentando hoxe con Agustín Dios e Manuel Dans dicían: Pois é
verdade. Entón nós como marchamos cando Rosalino Calvo Tojo e
outros e xa non pasamos ao maior hai tamén cincuenta anos que
deixamos o Seminario .¡¡Como pasa o tempo¡¡.
Pois nada. Pasado mañá
verémonos outra vez. Será un día no que xa se encargará Vilariño
de poñerlle o significado. Irán os que poidan e sentirémonos a
gusto acordándonos dos vellos tempos.
Por hoxe xa non hai mais
leria. Si dicirvos que o Luns pasado comezou a serie de T.V.E chamada
ISABEL. Esta é a reseña que aparece na páxina da TVE:
'Isabel' cuenta la apasionante lucha de una mujer por llegar a ser reina. Isabel la Católica vio destrozada su infancia al ser arrebatada de su madre enferma y fue obligada a ir a vivir a la Corte por su hermanastro el rey Enrique IV. Sufrió la pérdida de su hermano Alfonso, por delante suyo en la línea sucesoria, y tomó, con apenas 16 años, decisiones clave tras una cruenta guerra civil. Rechazó, hasta poner en peligro su vida, aceptar ninguna imposición de boda, defendiendo su derecho a elegir esposo (Fernando de Aragón). Soportó, tras su boda, maledicencias y limitaciones económicas. Tuvo que manejar diplomacia con una dureza de carácter capaz de poner firmes a un ejército (y a su propio marido, si hacía falta). Y todo, por una obsesión: ser reina.
La serie está dirigida por Jordi Frades y protagonizada por Michelle Jenner, Rodolfo Sancho, Pablo Derqui, Bárbara Lennie, Clara Sanchís, Víctor Elías, Pedro Casablanc, Ginés García Millán, Ramón Madaula, Sergio Peris Mencheta, Daniel Grao y William Miller.”
E importante,parécemo a min,vela
porque aí empeza nese tempo que recrea a serie,,penso , a nosa
desgracia como pobo. A doma e castración de Galicia cando se xuntan
os reinos de Castela e Aragón cos Reis Católicos e se apoderan de
Galicia castigando a nobreza de Galicia por ter apostado pola
Beltraneja que o pasado Luns nace, na serie, e xa algún nobre e
Arcebispo vai ao notario do Reino a manifestar que o xuramento de
fidelidade o fan por cumprir porque a nena nos é filla realmente de
El Rei .Parece que a serie promete.
E por poñer algo mais aí vai un
video que hai tempo que alguén me mandou e que é a orixe da
popularización da Rianxeira que tantas veces temos cantado. Xa
veredes,se non o coñecedes,que cousa mais curiosa:
Deica a próxima en “Desván de los
Monjes”.Saúdos para todos. Rafael
viernes, 7 de septiembre de 2012
MUXÍA
Mar e vento configuran
un corpiño na montaña,
remexendo os seus cimentos
e socavando a súa entraña.
Vea furada por dentro,
nove voltas nela bastan
pa que se amañen os osos
dos romeiros que xa saltan.
Gaiteiros e raparigas
entoan coplas e cantan;
brincan ó son de pandeiros
e dos foguetes que estalan.
A Señora en trono d´ouro
arrima a toda a comarca,
e a vila garda o tesouro
que ven a Muxía en Barca.
A Pedra tomba co ceo
e os diaños liscan da alma,
sorrí a Santa aos festeiros,
que, ata o día, non van a cama.
Antonio Puertas.
FESTAS DA BARCA 2012...Un agarimoso saúdo á terra do meu benquerido pai.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)