Queridos amigos: Hai menos dun mes
celebrouse en Madrid o 32 congreso de Teoloxía da Asociación de teólogos e
teólogas Xoan XXIII. Manteño algúns amigos,de belos e vellos tempos, que me
manteñen informado do que veñen facendo desde hai tantos anos. Envíanme o
material do pre-congreso e mais do post-congreso. Hoxe con estes modernos
inventos resulta moi fácil. Antes había que pagar o franqueo e soamente
chegaban a aqueles que tiñan verdadeiro interese. Este ano,de todos os materiais,
hai uns vídeos que son dignos de ver non unha vez senón varias.
Pertencen a un vello loitador de
finais dos 60 que aínda se mantén,como os vellos roqueiros,ao pe do canón.
Procede do movemento coñecido como Pax Christi e logo Xustiza e Paz. Explica o que nos está a pasar
socialmente e cales poden ser as alternativas para saír desta situación. Desfai
moitos mitos do pensamento imperante e ademais, como excelente profesor, ten o
don da claridade e de facerse entender con atender nada mais. (Creo que era D.
Pío o de Francés que se lle dicías que non entenderas preguntaba se
atenderas.Sostiña que o “A” está antes de “E”.Por tanto para entender hai que
antes atender.)
Pois despois desta introdución aí
queda a conferencia destes gran home que
ten moito que ensinar e nos moito que aprender deste sabio que é da escola de
Xosé Luis Sanpedro.
Deica a próxima e
bos desexos para todos.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario