Coa intención de que
constase para o devir que, coa fidelidade que nos caracteriza, o
pasado terceiro Sábado de Setembro nos xuntamos en Sobrado dos
Monxes pedíralle ao compañeiro Enrique Vázquez Pose que me mandase
unhas fotos para colgar aquí.
Cumpridor, como é
habitual nel, envioumas e cando me dispoñía a deixalas con algún
comentario, agradablemente, encóntrome con que xa Andrés o realizara coa
perfección coa que o fai sempre. Andrés,de seguiren adiante aquelas
experiencias de traballo manual do clero,ganaríase a vida como
deseñador gráfico ou montador de texto e fotos para a composición
de folletos manuais,libros ,revistas, páxinas Web et cétera.
Moito mal nos fixo
aquela idea absurda de que os cregos non valían para outra cousa. En
realidade era un complexo. A demostración é que tantos ex
relixiosos/as e cregos gozan e gozaron dun gran aprecio nas novas
profesións para as que se mudaron.
Xa vedes que ao non
deixar as fotos dóuseme por predicar,como di Muras, e como o
escribir ou falar non ten cancelas non me fagades caso que unha cousa
é dicir algo e outra é predicalo.
Parabéns ,por tanto,a
Vilariño polas reportaxes que nos deixou. Esperamos que unha vez,a
partires do día 30 ,adquira a condición oficial de vello ou
pensionista,dispoña de mais tempo para compartir as súas achegas a
este encerado que sempre,polo menos para min, son benvidas.
A convivencia deste ano
tivo certa orixinalidade polo contacto coa vida monástica. Para min
foi unha sorpresa contemplar de novo a grandiosidade do Mosteiro.
Sabía que pertencían ao Cister e pensaba que eran benedictinos
igual cós de Sarria. Chamoume a atención cando na explicación dixo
que eles tiñan o voto de permanencia ao Mosteiro e os de Sarria non.
Logo,a curiosidade é a fonte de coñecemento,naveguei pola rede e xa
me aclarei. Son trapenses. A regla de San Benito rigorosa. Non
obstante o que estaba ao meu lado ao ver que algúns se incorporaban
con atraso ao rezo da tercia comentoume que o prior ou abade tiña a
disciplina un pouco relaxada. Como agora non utilizan a sala
capitular non son chamados,segundo Vilariño, a capítulo. Se alguén
está interesado, póñoo por Fernando Ledo e algún mais que sempre
me din que agradecen os enlaces,podedes consultar estes :
Sorprendeunos a varios,
cos que o comentei, a ausencia dun blogueiro peculiar e impar como é
Eduardo Seco. Alguén dixo que ao mellor andaba pola Irlanda ou de
viaxe. Esperamos que a ausencia non se deba a algo malo e que mais
cedo que tarde nos siga obsequiando coas súas colaboracións sempre
valiosas e interesantes.
Tamén se botou de menos a a Xosé Luis
Suárez Cotelo que xeralmente non faltaba. Parece que foron razóns
de última hora. O mesmo lle pasou a Antonio Puertas ,tamén
blogueiro moi activo, que a última hora torcéronselle os plans e
non puido acompañarnos. Tamén é de agradecer aos compañeiros
cregos que,pese a ser un Sábado acudisen a convivencia e sobre todo
ao mestre Cutrín (así lle chamabamos familiarmente en San Martiño)
por coidar os años que tan sabedores estaban despois de pasar polo
aro das boas artes da cociñeira e auxiliares que tan ben os
condimentaron e serviron. Un saúdo para todos eles e mais para todos
os demais. Deica a próxima. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario