Haberá
que ganduxar unhas palabras,se cadra algún “palabro” tamén,
para que non nos esquezamos algúns de mirar, de cando en vez, este
pucheiro de comunicación interna. Hai que lle agradecer a Miguel
Doval, celebramos os santos anxos no mesmo día, algo que tivo
presente Andrés deixando a súa felicitación para todos, haille que
agradecer que nos contase algo da súa historia persoal e dos bos
recordos que ten da súa experiencia laboral nesta nosa terra que
tamén é a súa.
Falando
de compañeiros desexarlle a Eduardo,home de prol, ilustre,respectado
e de gran consideración nesta casa, polas súas achegas a este blog,
que se recupere fisicamente dun accidente que tivo segundo me
informou un paxariño da súa gaiola. Forza nas velas e vento mareiro
que te leve cedo ao porto da normalidade e sen secuelas.
Ao
querido poeta Puertas dicirlle que tamén,se quere, pode deixar aquí
a súa abundante produción poética que deixa aos amigos de
FACEBOOK,compartidos con moitos de nós, e que lle agradecemos
animando a seguir compoñendo. Fai o que queiras Antonio e a seguir
tecendo palabras con ritmo a consonancia.
Para
os que queiran,xamais pensamos que tanta información ía estar ao
golpe dun click, van outra remesa coa conferencia nas Xornadas de
Teoloxía da Xoan XXIII,asociación de teólogos,que se xunta nun
local de Comisións Obreiras en Madrid por que o señor Rouco,o de
señor e un dicir, mandou que ningunha dependencia eclesiástica da
súa xurisdición permitise que se reunisen nelas.
Paradoxos
( afirmación aparentemente absurda) da vida.
Se
tivésemos bispos da talla intelectual do crego e profesor Pagola
outro galo lle cantaría a Igrexa. Como dixo Andrés na convivencia
de Sobrado “annus horribilis” e sen albiscarse signos de mellora.
Pois
aí quedan os vídeos correspondentes á conferencia ditada por Xosé
Antonio Pagola. Para o que queira saber quen é:
Poia nada mais.Os que vos deixáchedes levar pola curiosodade de escoitarlle toda a conferencia,como premio podedes ver ao final,este outro no que se xogan a vida os percenbelleiros.Cando algún dia vos dedes o antollo de comelos,agora pola crise teñen un precio menos prohibitivo,pensade nos traballos que pasan para quitarllos ao mar.
Pois deica outra.Boa sorte para todos.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario