Pois vou fiar un pouco.
O fío é preciso para ganduxar. E imposible dar puntadas sen fío.
Hoxe limitareime a deixar dous enlaces que conectan cun artigo que
fai alusión a outros dous onde se recolle a memoria dun
crego que se inseriu na sociedade civil e mais mantivo a súa
condición, coas súas luces e sombras, e outro no que hai un pacto
de catacumbas dos bispos que pretenderon renovar a Igrexa cando se
celebrou o Vat. II do que hai pouco foi o centenario:
Luis González Morán se desnuda
Hoxe mesmo chegoume un
vídeo que editou a Mesa pola Normalización da Lingua. Recolle moi
ben e de modo obxectivo o retroceso que houbo nestes anteriores e
inmediatos anos na promoción e uso do noso idioma .O lema ou máxima
que no ano 1987 se berrou en Santiago "Aprender en galego non
é un delito" segue tendo vixencia. O enlace para acceder é o
seguinte:
Pois mais nada. Que o
pobo acerte o Domingo escollendo aos mellores. Seguro que acerta
porque sempre é o que mais e mellor ordena, Un saúdo para todos.
Rafael.
No hay comentarios:
Publicar un comentario