Pois,pese
a que os políticos que eliximos,falando en plural maxestático,nos
aventuran que o vindeiro ano,polo menos a primeira metade,será malo
de solemnidade teño que, polo menos,desexarvos a todos que sexa o
menos malo posible.
Cando
se pon un a filosofar,os xubilados podemos xa que somos, segundo
Xaquín Marín, os que hoxe por hoxe mellor futuro temos. A nosa
xeración,falando en xeral,tivemos a fortuna de vivir nunha
sociedade que en pouco tempo pasou da escaseza , miseria e indixencia á
abundancia ao copioso,excesivo e demasiado,falando tamén en termos
xeneralizantes coas correspondentes excepcións,en pouco mais de 50
anos.
Certo
que nós podemos filosofar. Seguirémolo facendo pese a que moitos
teranse que aplicar,por desgraza, aquel dito que lle atribuían a
Hobbes.”Primum vívere deinde filosophare”Que tan ben coñecía o
compañeiro Luciano para reclamar mellores condicións de vida no
Mosteiro de Sanmartiño Pinario. Este Thomas Hobbes,segundo o finado
de D. Manuel Bugallo foi o que marcou o paso da idade media para a
moderna. Queimáronlle en vida a súa obra e despois de morto tamén.
Para el o poder proviña do pobo quen daba lexitimidade as
autoridades civís. Pero os defensores das monarquías e das clases
adiñeiradas , amais da Igrexa ,sostiñan todo o contrario. O poder
viña de Deus.
Pois esas teorías,case trescentos anos despois da súa
morte,aínda nolas ensinaron cando nos explicaban o Concordato de
1953 que falaba das dúas sociedades perfectas que eran por un lado
a Igrexa e por outra a sociedade temporal ou o poder do estado. En
ámbalas dúas o poder viña directamente de Deus. Nas moedas
aparecía “caudillo de España por la gracia de Dios”
Despois
desta digresión de microfilosofía o contido do que quero deixar
claro é que hoxe,grazas as tecnoloxías da información e da
comunicación,as famosas TIC non foi Hobbes o que inmortalizou o sentido da frase de primeiro hai que vivir para poder filosofar senón que foi
D. Miguel de Cervantes na biblia da literatura mundial que se
considera “El ingenioso hidalgo D. Quijote de la Mancha”.Cando
describe:
DIÁLOGO
ENTRE BABIECA Y ROCINANTE
-¿Cómo estáis,
Rocinante, tan delgado?-Porque nunca se come, y se trabaja.
-Pues ¿qué es de la cebada y de la paja?
-No me deja mi amo ni un bocado.
-Anda, señor que estáis muy mal criado,
pues vuestra lengua de asno al amo ultraja.
-Asno se es de la cuna a la mortaja.
¿Queréislo ver? Miradlo enamorado.
-¿Es necedad amar? -No es gran prudencia.
-Metafísico estáis. -Es que no como.
-Quejaos del escudero. -No es bastante.
¿Cómo me he de quejar en mi dolencia,
si el amo y escudero o mayordomo
son tan rocines como Rocinante?
Pois
nada. Para que vexades que de calquera cousa se pode filosofar. Que o
ano que ven sexa o mellor que poida para todos .Para o ano seguiremos
se podemos e nos deixan. Saúdos a quen se asome a esta fiestra.
Rafael