Levo algún tempo sen
atender as contribucións a este medio de información doméstico e
non estou a gusto. É mais doado matalo por falta de atención que
resucitalo se non hai un milagre. Así que manteñámoslle,polo
menos, a respiración asistida. Ademais se os compañeiros que están
fora lle mostran algo de cariño,como Dosil desde Málaga e Amboage
desde a capital do reino,compre que os de aquí,a quen a vida non nos
obrigou a emigrar,lle amosemos tamén algúns coidados.
Hai uns días merqueille
un agasallo a meu pai. Vai para 90 anos e hai poucos que lle gañen
unha partida ao dominó no Cabo da Cruz. A cabeza teña mellor
amoblada ca nunca. Sempre votou aos socialistas e sentía unha
especial admiración por Xosé Bono. O agasallo é un libro que ven
de publicar Bono,ten formato de diario e titúlase: LES VOY A CONTAR
De Planeta.E o tomo 1 e comprende os anos do 92 a0 97 do século
pasado. Antes de envolverllo no papel de regalo empecei a lelo,xa o
folleara na libraría, e prendín tanto nel que xa vou polo medio.
Ten 650 páxinas.
Cóntovos isto,ademais
de porque de algo hai que escribir, por encontrar unha serie de
anécdotas que son como chismes de sacristía que para os que
estudamos nun Seminario sempre teñen mais acollida ca noutros
ambientes mais seculares.
A primeira é que
coñeceu ao que foi fámulo ou secretario particular do cardeal Pla y
Deniel,Primado de Toledo aquel que firmaba as bulas que permitían
comer carne na coresma. Era un crego tan fraco,o fámulo,que se
presentaba como o crego de menos peso de todo Toledo. Cando houbo o
conclave que elixiu a Pablo VI,contoulle a Bono que o Cardeal
enfermou e tiveron que hospitalizalo en Roma. Xa Papa , Pablo VI, foi
a visitalo acompañado de moita prensa. Quería que se soubese que ía
ser o Papa de todos e o Cardeal era o representante en España do
sector mais reaccionario. Baixou a recibilo o secretario e
comunicoulle ao Papa que o Cardeal non quería prensa pero si a Súa
Santidade o manda e o Papa reaccionou dicindo que si o mandaba e alá
soben a habitación do enfermo os cámaras. fotógrafos e prensa
escrita. En España estaban doídos co Papa porque,antes sendo
arcebispo de Milán,pedíralle directamente a Franco que indultase a
Xulián Grimau e nin caso.
A segunda corresponde a
cando lle deron o colar de Carlomagno en Aquisgrán a Felipe González
e que oficiou a Misa de Pontifical o Cardeal de Toledo D. Marcelo
González. Despois de ter todo preparado cando faltaban uns días
comunícalle a Bono que ten presións dos cregos e demais bispos e
que non irá. A Bono séntalle mal e ponse bravo con el dicíndolle
que non ten palabra e berrándolle como se fose a un adolescente
lamentándose terlle que falar así a quen case o duplica en
idade.”No ha nacido fraile que se atreva a darle a V.,que ha
enterrado a Franco lecciones de oportunidad `política”.”De
pequeño creía que los curas no llevaban pantalones debajo de la
sotana y me parece que voy a tener que reafirmarme,aunque sea
virtualmente, en ello”Despois da conversación quedou tan
impresionado que lle di que ao día seguinte lle dará a noticia
definitiva. Pola mañá chámao e dille que irá a Aquisgrán e “Y
sepa que nunca me he quitado los pantalones.”
A terceira, nunca hai
dúas sen tres,hai moitas sobre cregos e bispos. Resumindo moito.
Cando mudaron a festividade do Corpus Christi para un Domingo
preparáronlle os eclesiásticos unha campaña por non querer
poñer,como festa da Comunidade, en Xoves o Corpus. Entón
comentoullo ao secretario da Casa Do Rei e para non ir a Procesión
en Toledo, pensaban apupalo e berrarlle ,nomeárono delegado rexio
para que ese mesmo día a hora que comezaba a procesión o recibise o
Papa nunha basílica en Roma, onde El Rei de España era cóengo
maior,facendo Bono a ofrenda ao Papa. Así era difícil que a propia
prensa se asañase con Bono se a esa hora estaba co Papa de Roma. A
ofrenda consistía nunha cantidade de diñeiro que Bono cifrou nun
millón de pesetas pero que a D.Sabino na Zarzuela pareceulle pouco e
que duplicaron. Como sempre no Vaticano son moi sensibles aos efectos
lubrificantes do diñeiro. Esta última frase é da miña colleita.
O libro,de momento, está plagado de referencias ao mundo eclesiástico e ao político e ao poder en xeral.Bono conta tamén como tiña vocación de xesuíta e non acabou sendo pola enfirmidade da nai,para non darlle un disgusto e logo, ao morrerlle ,por non llo dar ao pai. Logo xa na Universidade en Madrid descubriu os movimentos universitarios,loita pola democracia,militancia no partido de Tierno e o negocio da vocación xesuítica foi arrefriando.
Pois mais nada. Xa
tecleamos un pouco para pasar o tempo e cumprir cunha obriga moral
que eu mesmo me impuxen.
AVISOS: Lamentar a
desgracia da sogra de Miguel Doval. A vida é redonda como a terra.
De maiores coidamos aos pequenos e estes deben coidar aos maiores se
queremos que algún día alguén tamén se ocupe de nós. Animo. Meu
sogro estivo moitos anos con Parkisón e dounos bastante
traballo,sobre todo a miña sogra. Hai que repartirse as tarefas e
non perder o bo humor para non enfermar os coidadores.
Parabéns Miguel por
pasarte ao galego coa mestría propia dun académico. Se che é mais
doado facelo en castelán xa sabes que podes facelo. Boas festas de
Nadal para todos. Sobre a situación social é mellor non falar,Xa os
medios de comunicación se encargan todos os días de meternos medo
para paralizarnos. Non pasarán. Era imposible,hai pouco, que xuíces,
fiscais,avogados,procuradores e funcionarios de Xustiza estivesen
manifestándose con indignación pola desfeita do Ministro. Pouca
xente coñezo que non estea indignada. O problema témolo cos
indignos. Farei tempo outro día para felicitarvos o ano vindeiro que
xa nos avisan que non será ventureiro. Rafael.
Eu, Rafael, non coñezo a ninguén que non estea indisgnado. O que non está cos políticos, está coa sogra o ca filla; e o que non estea nes gran grupo, é está ca peluqueira, porque non fixera ben o seu traballo...Este é un mundo de tolos contra tolos, amigo meu.
ResponderEliminarUnha aperta e FELIZ NADAL pa tódolos indignados.
Antonio Puertas