A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente.
Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non.
Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago
lunes, 11 de marzo de 2013
Sería moi interesante que Rafael nos puxera aquí o seu artigo de hoxe na Voz de Galicia. De moi boa colleita, si señor; coma el sabe.
Antonio
XUIZO FINAL XA Hai anos apareceu nos muros dunha igrexa dos arredores da Coruña unha pintada con ese texto. Era un momento no que se descubriran unha morea de casos de corrupción como Roldan,Gal,fondos reservados etcétera.
Hoxe a situación aínda é mais asfixiante. Á corrupción vergoñenta e á podremia súmase a indignación social estendida a todos os colectivos. Quitando os directivos das grandes empresas, non deixan de ganar mais cada ano,é difícil encontrar alguén satisfeito e conforme.
Ante a que está caendo,como di todo o mundo, non se lle ocorre outra cousa ao partido que apoia ao Goberno que a campaña “juntos salimos”Ir ás rúas a escoitar á xente. O importante é saír da crise. Os “dimes y diretes” son parvadas. Ademais aparecen cun sorriso como de aquí a mañá. Como si estiveran anunciando algo distinto a vender fume.
Polo menos que axilicen a Xustiza, non despidan aos xuíces sustitutos e maxistrados suplentes, que é a única que pode facer algo contra a corrupción.Déanlle medios para castigar a tanto presunto delincuente.
Hoxe en dia, díse " presunto delincuente " cando, moitas veces, é clamorosa a " vox populi ". Hai momentos, que voto en falta algo do pasado. Unha aperta, amigos.
Pois non hai problema ningún Antonio.Aí queda:
ResponderEliminarXUIZO FINAL XA
Hai anos apareceu nos muros dunha igrexa dos arredores da Coruña unha pintada con ese texto. Era un momento no que se descubriran unha morea de casos de corrupción como Roldan,Gal,fondos reservados etcétera.
Hoxe a situación aínda é mais asfixiante. Á corrupción vergoñenta e á podremia súmase a indignación social estendida a todos os colectivos. Quitando os directivos das grandes empresas, non deixan de ganar mais cada ano,é difícil encontrar alguén satisfeito e conforme.
Ante a que está caendo,como di todo o mundo, non se lle ocorre outra cousa ao partido que apoia ao Goberno que a campaña “juntos salimos”Ir ás rúas a escoitar á xente. O importante é saír da crise. Os “dimes y diretes” son parvadas. Ademais aparecen cun sorriso como de aquí a mañá. Como si estiveran anunciando algo distinto a vender fume.
Polo menos que axilicen a Xustiza, non despidan aos xuíces sustitutos e maxistrados suplentes, que é a única que pode facer algo contra a corrupción.Déanlle medios para castigar a tanto presunto delincuente.
Hoxe en dia, díse " presunto delincuente " cando, moitas veces, é clamorosa a " vox populi ".
EliminarHai momentos, que voto en falta algo do pasado.
Unha aperta, amigos.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar