Hai uns días
mandoume,vía email,unhas fotos da convivencia deste ano onde estamos
na foto que en anos anteriores se encargaba de facer sempre o
compañeiro Barral. Desexarlle o mellor e que supere a enfermidade
que o afecta. Paréceme que paga a pena deixalas no albume colectivo.
Pois observádeas ben e as veces que queirades que a nube na que
quedan terma do todo canto lle metan dentro.
En boa compañía arrodeados de santos por todas partes.Pese a sermos oficialmente uns vellos cos papeis en regla, agás Enrique,parecemos uns mozos de espíritu.
Esta foi a previa a anterior. Estabamos aínda un pouco desordenados.Alguén advirtiu que faltaba Vilariño e mais Ledo e que non valía.
Os oficiantes na Misa. Momento que quixo inmortalizar o señor duque.Confesoulle a Agustín Dios que o altar da capela do pazo non acordaba ter tentos cregos xuntos e máxime nestes tempos de escasez.(Seguramente aproveitou para amosarlla ao día seguinte ao bispo de Tuy - Vigo que asistiría a xunta da Fundación, propietaria do pazo, segundo nos indicou el mismo).
Como bos fregreses e parroquianos por un día seguindo con atención a cerimonia.A cámara indiscreta sorprendeunos a Agustín e a min facendo un comentario en voz baixa. De ser en Belvís e observalo un superior a nota dese trimestre en piedade sería un meritus nada mais ou un suspensus.
Saúdos a todos.Rafael
Teño morriña, teño saudade... Eu, que son tan morriñento dos tempos pasados, e, caseque non podo estar con todos vos, cando chega o momento. ..Algún dia será...- cando me xubile, supoño -
ResponderEliminarUnha aperta, compañeiros
Antonio Puertas
Ti,Antonio, tes media indulxencia gañada.Xa estiveches na xutanza de inverno.Ademais non te poderás queixar que xuntámonos á beira da ria e mais do aeroporto para que ti poideses vir por aire,mar ou terra.Ad libitum que non ad libitudinem.Non é o mesmo.Ademais en caso de forza maior un non está obrigado a nada.Outro ano será.Saúdos irmandilños.
ResponderEliminar