Seguindo
coas lerias do curso pasado e para ver que no tempo en que un
mozo,posible fill@ dalgúns tarda ou tardou en facer toda unha
carreira, o certo é que a realidade social pouco mudou. O que se
dicía hai 5 anos ten hoxe,parécemo a min a forza de sempre. Será
aquilo de nihil novum sub sole que dicían os antigos. Pois aí queda
iso.
Otubre
2010
“”PERSOAS
COHERENTES
Hai noticias ás que non se lles dá a relevancia que teñen e que son dignas de eloxio, enxalzamento e gabanza pola rareza coa que acontecen nestes tempos. Estoume a referir a renuncia do escritor Agustín Fernández Paz a recibir o Premio Cultura Galega de Literatura 2010 creado pola Xunta este ano.
Este Mestre de Ensino Primario,Perito Industrial Mecánico e Licenciado en Ciencias da Educación foi durante algúns anos membro do do Gabinete de Estudos para a Reforma Educativa da Consellería de Educación. Preparou os Deseños Curriculares de Lingua Galega para Primaria e Secundaria. Foi premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 . A súa obra que é moita mereceu abundantes premios e recoñecementos,traducida a diversas linguas é hoxe un referente incuestionable da literatura infantil-xuvenil galega. Está presente en todas as bibliotecas escolares sendo os seus libros dos mais lidos entre os nosos adolescentes dos Institutos.
As razóns polas que rexeita o premio recóllense no manifesto que asignaron moitos traballadores dos diversos ámbitos da Cultura Galega que contiña a seguinte aseveración: ”Manifestamos que nin a actual Xunta nin o seu Presidente,responsables ante a Historia de lexislaren por primeira vez contra a nosa lingua,e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza publica,poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega”.
Cando comunicou a súa renuncia manifestou que Rosalía de Castro nunca aceptaría ese premio. Con persoas de tan fortes conviccións e principios rexos, levados ás últimas consecuencias, espéranlle a nosa lingua miles de primaveras axudándonos a todos a considerar a lingua como patrimonio cultural de Galicia a e de todos os galegos.

OCTUBRE
2011
DEFENDAMOS
O PUBLICO
En tempos de crise económica, como os actuais,vivimos todos asustados e cun medo a veces paralizante .Cando vemos os recortes que nas distintas autonomías se levan a cabo na educación e na sanidade uns opinan,os mais pesimistas, que isto acaba de empezar e veremos como remata e outros sostemos que a sanidade e mais educación universais e gratuítas son unha conquista social das mais importantes que todos defenderemos con uñas e dentes se fixer falta.
Se hai moi pouco tempo alguén nos dixese que as Caixas de Aforros galegas se ían converter en bancos e os seus donos,os accionistas, serían os fondos americanos,chineses,rusos ou da India moitos diríannos que iso non podería ser de ningunha das maneiras.
Todo é posible neste mundo tan cambiante e a velocidade mareante que nin deixa tempo para pensar. Haberá por tanto que ir asumindo que están en perigo e dispoñernos a defender como sexa e onde sexa unha das mellores sanidades do mundo universais e gratuítas e unha educación que son mellorables pero valiosas. Se soamente puidesen estudar e curarse os que teñan cartos parece que non valería moito a pena vivir nun mundo así. Seriamos capaces?

Octubre 2012
ELECCIONS ABERTAS
O día 21
escolleremos a quen nos vai representar durante os próximos catro
anos. Pensamos algúns que nunca os resultados que se coñezan nesa
noite foron tan incertos. Pode pasar calquera cousa. O tsunami azul e
as gaivotas que nos arrasaron, vai para un ano, poucos presaxian que
se repita.
O que nos
doe a moitos galegos é que mentres nas dúas nacionalidades
históricas,Cataluña e o Pais Vasco,a meirande parte da poboación
previsiblemente elixa a partidos nacionalistas nós aquí votamos a
aqueles que pensan que somos unha rexión de España. Non se retraen
moitas veces de referirse a nós como o Noroeste. Isto leva a que nos
ignoren e que nin se nos cite, nalgunhas ocasións, como
nacionalidade en igualdade de condicións coas outras dúas.
Imos
ter ocasión de deixar constancia da nosa existencia na próxima cita
electoral. Non é admisible que cataláns e vascos,pobos ricos e
cultos,onde se pagan as pensións mais altas de España,mentres en
Galicia son as mais baixas, estean trabucados e nos vaia
ir mellor cando eliximos,de modo distinto, aos nosos representantes.
Octubre
2013
HAI XUÍCES EN
BERLÍN
Así
lle respondeu un campesiño alemán ao Rei de Prusia,Federico II O
Grande, cando lle quixo expropiar un muíño de vento, construído
por el pedra a pedra, para edificar un castelo nas aforas da cidade.
Ofreceulle diñeiro e ao non ceder o campesiño ameazouno con
confiscarllo. Iso podería facelo Maxestade se non houbese xuíces en
Berlín. O monarca acatou sentenza e rodeou o muíño deixándollo
enclavado e co ancho dun camiño para que o dono entrase e saíse sen
pedir autorización. E alí quedou un letreiro indicando que o muíño
se conserva como recordo eterno do amor e respecto a Xustiza.
Ven
a conto do que lle pasou a un mozo ourensán que padece unha doenza
rara que,de non tratala cun fármaco biolóxico de última xeración,
correría perigo a súa vida. O tratamento que dispensan no hospital
ten un custo de aproximadamente trescentos mil Euros ao ano. O
Servizo Galego de Saúde non o autorizou alegando razóns de
austeridade orzamentaria. O xuíz na sentencia obriga a dispensalo e
pagalo e ditamina que ao denegarllo vulnerouse o dereito
constitucional do enfermo a vida e a integridade física e moral,
prescindindo do criterio médico sen outra presumible razón mais ca
do aforro. Cualifica de insólito que se lle tivese denegado.
E
unha boa noticia para todos aqueles enfermos crónicos que nos
tratamos con eses fármacos biolóxicos que nos permiten levar unha
vida de certa calidade. Que siga habendo xuíces tanto en Berlín
como no resto do mundo que lles paren os pés a quen toma decisións
inxustas.
CONTO DA BOA PIPA
Os que xa
somos pensionistas,segundo o Isolino do bo debuxante e ilustrador
Xaquín Marín,somos os que agora mesmo mellor futuro temos.
Dispoñemos ademais de tempo para ler a prensa,escoitar e ver
faladoiros, e manternos ao tanto de moito do que nos contan e pasa
tanto aquí como noutras partes. Temos,penso que moitos, a sensación
de que os nosos gobernantes cóntannos aquel conto inexistente
chamado da boa pipa co que facíannos adoecer os maiores aos
pequerrechos.
Parece que é
conto o que a sanidade e maila educación van ben, aos enfermos de
hepatite dáselle o tratamento que os cura,estamos saíndo da crise,
cada vez hai mais traballo,a xuventude ten onde empregarse,os
salarios non baixan,a corrupción son casos illados,a xustiza é
rápida e igual para todos, e poderiamos seguir facendo unha lista
como de aquí a mañá.
Pero aínda
o que mais indigna e nos acende e cando sabemos que hai mais de cinco
millóns de parados dos que case a metade non teñen ningún tipo de
protección social. O que levou ao propio Fiscal de Estado,na
inauguración do ano xudicial, a recoñecer que preto da cuarta parte
da poboación está por debaixo do límite da pobreza. Sábeno ben os
colaboradores dos bancos de alimentos que xuntan caixas e caixas do
que a xente deixa non centros comerciais.
Contrasta
esta realidade con que os directivos das 35 empresas mais importantes
de España ,(Ibex 35),cobraron o ano pasado de media 75´5 veces mais
cos empregados de cadansúa empresa. Por non falar dos chamados
paracaídas dourados,plans multimillonarios de pensións, que
marearían a un de termos que contalos en billetes de cen euros.
Parece que nun estado social de dereito, como di a Constitución,que
propugna como valores superiores a xustiza e a igualdade non se pode
permitir que tanta xente sen traballo,con dependentes sen axudas e
nenos ao seu cargo, poidan esperar mais sen un goberno que evite
estas desigualdades. Non poden seguir contándonos o conto da boa
pipa.””
Como neste
mes aínda non escribín nada poño a de finais do mes pasado.
Pedíronme alguén dos poucos que miran esta fiestra que o fixera e
queda feito. Saúdos para toda a parroquia como lle chama Dona Helena
Villar Janeiro,excelsa mestra e galeguista de pes a cabeza , aos
numerosos amigos que a seguen en Facebook. Parroquía feibusquiana.
Saúdos para todos como sempre. Rafael
Pois, eu, léote, Rafael, a ti e a algún que outro dos poucos que entran nesta humilde escola. E, porque te leo, non estou d´acordo con iso que estás a decir, de que os pensionistas temos tempo abondo pa moitas cousas. No meu caso, polo menos, non é asi.
ResponderEliminarÖ único tempo libre que me dan fillos, netos, amas de casa, sogras e damais tropas colaterais, é de 8 a 9 AM, despois dese relax, rematou o recreo, e comezan os títeres: corre pa aquí, corre pa ala, na corda floxa, como mandan os cánones de Pinito del Loro.
En fin, cada quen é un mundo, e, o meu, é un circo.
Unha aperta, compañeiro
Antonio Puertas
Tes toda a razón do mundo Antonio e non teño mais remedio que concedercha. Cando dixen que os xubilados temos tempo para ler e ver ou escoitar os faladoiros debín dicir algúns. A realidade dos avós a voas escravizados e visible e palpable sobre todo no verán en que os netos non teñen escola. Tamén hai outros e cónstame que son felices cos netos e gozan como seguramente, segundo algún, non o fixeron cos fillos por aquilo de non sentir a responsabilidade da educación tan directamente como os pais. Cando escribo,a veces poño que mo parece a min,pero sempre se trata dunha opinión persoal sometida a contraste. Un saúdo. Rafael
ResponderEliminarRafael, os que nunca se equivocan, son os que calan a boca jajaja. Ti e mais eu, seguiremos equivocándonos a cotío. I, eso, está ben. Así é que, ADIANTE COMPAÑEIRO, que o campo ten moitas leiras que arar.
ResponderEliminarUnha gran aperta amigo
Antonio