Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 13 de noviembre de 2009

13-XI. TRISTE ANIVERSARIO

Pasaron sete anos desde que sufrimos a maior catástrofe ecolóxica de Europa. Participaron 25.000 persoas, galegas, españolas e doutros países, na limpeza das praias e das rochas da nosa costa. Muxía, zona cero. Camariñas, zona 0,1.
Decisións políticas erróneas repartiron chapapote para todos, desde Francia a Portugal.
Morreron miles de aves, peixes e mariscos. Os resíduos almacenados seguen emitindo á atmosfera substancias tóxicas que se incorporan á cadea trófica, cos riscos consecuentes para a saúde.
O grave é que aprendemos pouco da experiencia, como se a ecoloxía fose un luxo ou un xogo de idealistas:
- Os barcos-vasura seguen navegando preto de Fisterra.
- O operativo de seguridade das costas galegas parece que non mellorou moito.
- Que sucedería se se repetise a catástrofe?
O mar e as rías son a riqueza de Galicia, o patrimonio a conservar. Este principio teórico, que case todos comparten, é incompatible con feitos coma estes, actuais e circunscritos a Pontevedra e contorno:
- O Tribunal Supremo acaba de declarar ilegais as obras de recheo do peirao de Marín,  anos despois da denuncia presentada por unha asociación de veciños.
Como se reacciona ante a sentenza?
Todas as forza políticas, económicas e sindicais coinciden neste argumento-resumo:
O mal ecolóxico xa está feito e as consecuencias económicas, de cumprir a sentenza, serían gravísimas. Hai que consensuar.
- O mal non está todo feito porque actualmente séguese ampliando a zona de recheo que está convertida nun polígono industrial.
- Na madrugada de hoxe produciuse un escape de ácido clorídrico (ClH) de Elnosa, que podería ter consecuencias irreversibles para Pontevedra ou Marín, dependendo da dirección do vento. O accidente quedou en susto porque, segundo din, non venteaba nin chovía.
Canto tempo levan loitando Pontevedra e Marín pola retirada de Elnosa  e Celulosa da ría de Pontevedra e dun enclave semiurbano?
Se borramos esta data do calendario da memoria, se non aprendemos da historia negra, pode repetirse un día calquera. 
                     Eduardo Seco

No hay comentarios:

Publicar un comentario