Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 29 de noviembre de 2009

ACORDANZAS E RESPOSTAS


Amigos todos: Estamos no penúltimo día do mes. Bendito sexa o mes que empeza por Santos e termina por San Andrés. Aproveito para mandar un disco dedicado aos Andrés-es:Vilariño e Amboage, se hai algún mais tamén, no día da súa onomástica. A peza sería o Aleluya de Hendel co que nos espertaban os días de festa. Que sexan moi felices nese día, na compaña dos seus Que o celebren moitas veces e que a saúde non falte. Cos mellores desexos¡


Seguindo coas acordanzas metémonos xa no ano 1962. Ano en que comeza o Concilio. No Outono dese ano. No verán pasamos por uns exercicios espirituais de varios días. Aí empezamos a perder compañeiros que escolleron outros camiños. Había que pensar se valía a pena seguir. Axudoume un libro que se titulaba “Llamada” que eran unhas conferencias que dera en Comillas Cardinj ,fundador da JOC e que falaba da necesidade de que a xuventude obreira volvese a Igrexa. A min aquela idea de servir de instrumento para que os obreiros se acercasen a Igrexa pareceume que valía a pena e pasei para San Martiño.
Para hoxe de acordanzas mais nada. Hai que ver o Barsa-Madrid. Seguirei que tempo teremos. Aproveito para comentar algunhas cousas:
Ao amigo Senín,para que non me cualifique de indisciplinado, voulle a responder algo ás cuestións sobre as que me pide que o faga. Non o farei coa precisión metodolóxica que ten Eduardo
E encomiable .Agradézollo persoalmente. Utilizo,como base documental, algunhas intervencións que leva feito sobre a lingua noutros foros nos que participo. Como ademais cita as fontes non imos ter problemas coa propiedade intelectual. Grazas por facerme de documentalista.


Meu querido amigo: (como nos chamaba o profesor de Historia que alcumabamos como Platero.) Respecto as “quaestiones disputatae “xa sabes que se chama a aquelas sobre as que non existe consenso na Igrexa, non so entre os cregos,entre os teólogos que son os que “per se” saben mais desas cousas, senón incluso entre os bispos. Non son dogmas de fe. Non son das que, segundo o Concilio Vat. I “deben creerse con fe divina y católica …, por que no están propuestas por la Iglesia para ser creídas como divinamente reveladas” (Denzinger-Hün. 3011). Nisto creo que hai consenso entre todos os que saben de Teoloxía.

O que pasa é que o integrismo e ultraconservadorismo, hoxe é tan grande na Igrexa que se non queres que te ameacen coa excomuñón ou con que es un pecador público e che neguen os sacramentos ninguén se atreve a dicir o que pensa. Refírome ao comezo da vida, células nai, celibato. anticonceptivos,acceso da muller ao sacerdocio etc.... Para ilustrar isto que digo lede o Pais de hoxe que trae unha reportaxe na páxina Central. Remata contando o que lle pasou ao Cardeal Bueno Monreal cando lle quixo expor ao Papa, xunto cos cardeais alemáns, os problemas da falta de clero,do celibato e da inxente cantidade de dispensas sen tramitar e mandouno calar . Como lle apelou a conciencia respóndelle que a del como Papa era obrigalo a saír do despacho. Aos poucos días doulle un infarto e abandonou o cargo.


O que vexo con claridade ,como inminente e que posiblemente, se vivo 15 ou 20 anos mais, o vexa, a pesar do que di Andrés do percorrer do tempo para a Igrexa, é que a muller acceda ao sacerdocio. Tempo ao tempo.


Vou lixeiro porque logo vai ser a hora do partido. Entre paréntese. (Que gran pais e Cataluña. Con independencia do que pense cada quen. Podedes pensar que un día se puxeran de acordo para facer un editorial conxunto: A Voz de Galicia,A Opinión, o Ideal Gallego, O Xornal,Galicia Hoxe, El Correo Gallego, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, El Faro de Vigo, La Región. El Progreso de Lugo e Diario de Ferrol e ademais todos os sindicatos, asociacións empresariais e mais institucións?.Iso pasou en Cataluña. Visca o Barsa¡)
As restantes xa terei outro día, se cadra, tempo de volver a elas. Polo medio da semana, se hai vagar escribiremos algunha cousa mais. Saúdos a todos. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario