Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 18 de noviembre de 2009

ET CÉTERA

De acordo ao anunciado, mediada a semana, paso a dar conta do que me quedou no tinteiro. Saúdos para todos antes de nada. Como a verdade segue e seguirá padecendo por moito tempo se Deus non o remedia e parece que é que non, segundo nos ensinaron en Teoloxía sobre a liberdade e a predestinación.Teremos noutras ocasións oportunidade de volver a comentar o combinado extenso de froitas, número 2, ao que nos convidou Eduardo.

En canto a D. Francisco Ayala acollo o consello que nos das e prometo que lerei un que xa hai tempo que teño en carteira: “Muertes de perro”. Dáme un pouco de galbana porque escoiteille ao Catedrático de Lingua Castelán que o había que completar coa lectura de “El Fondo del vaso”A min agora, non sei se vos pasa tamén,despois de 20 ou 30 páxinas xa me cansa moito continuar.

O arcebispo de Sevilla debeu de sufrir bastante por non ser da corda dura de Rouco no episcopado. Como bo franciscano sentía mais simpatía polo seu irmá de congregación Leonardo Boff, pero tería que ser como Xosé de Aritmatea un discípulo na clandestinidade. A falta de liberdade dentro da Igrexa é grande,máxime se tes un cargo ou vives do altar e moito mais sendo bispo de toda a prelatura territorial.

O “Alakrana” xa vai camiño de porto e os mariñeiros chegarán o sábado segundo anunciou o noso presidente da Xunta. Sans e salvos. Amigo Eduardo tes mais razón que un santo no comentario que fas. O nos problema e que non temos mundo e somos pouco viaxados. Ao mellor é que trinta e tantos anos de democracia é pouco tempo para ter hábitos de bo goberno e de convivencia civilizada e de calidade. Os alemáns tiveron varios meses un barco tamén secuestrado e levárono coa discreción coa que se deben levar estas cousas sen transcender á opinión pública. Paciencia e a barallar ( as cartas) din os mariñeiros cando hai mal tempo e non se pode ir ao mar.

O muro de Berlín. Quedan moitos mais que deben caer. O da fame , o da pobreza ,o da insensibilidade , o da insolidariedade e o da ignorancia Nos xa fixemos as nosas revolucións domésticas pero hai moitas pendentes. Terán que ser os que veñan detrás os que se apunten a facer un mundo mais xusto e nós a facer os recados que nos manden. Eu non perdo a esperanza. Outro mundo e outra Igrexa e outra sociedade é posible.

Xa ves Eduardo que probei todas as macedonias. Eran moi sabedoras. Deus cho pague. A próxima vez empezarei eu contándovos que profesores recordo con cariño e que marcaron algo a miña vida. Principiarei polos de Belvís.

Antes de retirarme devolverlle o saúdo o López Amboage. Felicitalo pola poema e magoa que teña que vir a súa terra pola morte dun familiar. Acompañámolo no sentimento pola perda dos nosos maiores que son algo de todos. O poema toca un tema de actualidade. Supoño que terá varias lecturas. Quédome coa que nos interpela a ser consecuentes. Polo de hoxe mais nada. Deica a próxima. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario