Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 21 de noviembre de 2009

EPISTOLARIO CONMOVEDOR

     Acuso recibo de lectura das entradas de:
- Fernando. Extraordinaria, recordar a historia non pode molestar. Sentín as mesmas sensacións.
- Rafael, algo lambeteiro por comer de todas as froitas; como non vivimos no paraíso, non había ningunha prohibida.
- Andrés L. Amboage, triste pola morte da avoa.

     En  setembro lin Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948).
Xesús Alonso Montero. Edicións Xerais. 2009.
O 6 de Santos ou de San Martiño, o autor presentouno en Pontevedra tan maxistralmente, que me animou a unha lectura matizada.
Comparto agora algunhas reflexións, sen ignorar as barbaridades cometidas a babor e a estribor durante a guerra. As historias humanas e familiares que laten aquí son menos coñecidas.
Collerei ideas do prólogo, acompañadas de citas. Ningunha idea me pertence; son mero presentador e pontífice,  nada máis e... nada menos.

Dedicatoria
     O libro (crónica) é un epistolario de 120 textos.
Está dedicado a Castelao, que no ano tráxico de 1937 debuxou o terror e a dignidade de Galicia en dous álbumes:
- Galicia mártir.
- Atila en Galica.
Na terceira estampa do primeiro álbum un mozo canta en galego, ante o paredón, o primeiro verso da Internacional: "Arriba os pobres do mundo"!
Un grupo de mozos socialistas do Saviñao, moi pouco antes da execución, cantou o mesmo himno.

Palabras preliminares
     Moitas destas cartas foron escritas poucas horas, probablemente minutos, antes da execución, despois de recibir a noticia de que foran condenados á pena de morte. Escriben nunha situación límite, convencidos de que non chegará o indulto polo que as familias se afanan acotío.
Moitos deixan na miseria a muller e os fillos, realidade que condiciona a despedida, dramatizándoa máis. E piden axuda para eles: "Prego que non se esqueza dos meus", escribe Alexandre Bóveda.
Moitos dos condenados non comprenden por que os matan, pois nos días convulsos da Sublevación limitáronse a defender o Goberno legal; e mesmo hai casos de  condenados polo feito de seren republicanos.
     Uns e outros ignoraban a estratexia de terror asumida orgullosa e eficazmente polos sublevados para erradicar o que a Dereita alzada consideraba o Mal: o laicismo, a escola para todos, o pluralismo ideolóxico, o compromiso coas clases asoballadas, a abolición dos privilexios...

     É o primeiro corpus epistolar desde xénero, territorio e período que se publica. No resto de España tampuco se editaron compilacións da extensión da presente.
     Ningún xénero literario expresa con máis emoción o drama da guerra civil e das súas consecuencias.
     A investigación deste material houbo que facela na clandestinidade ata 1975.

Clases de textos
     O libro inclúe cartas, non no sentido convencional, escritas nun papel calquera, e catro testamentos. Algunhas van acompañadas de fotografía. Catro textos proceden da tradición oral, son as palabras pronunciadas ante o piquete de execución, minutos ou segundos antes da morte. Os autores defínense no instante final da súa vida.

O idioma
    Dos 120 textos, só catro foron redactados en galego: as tres cartas de Bóveda e unha de Víctor Casas.
Como moitos militantes de base eran pouco letrados, ao despedirse prodigan os galeguismos, as gueadas, as cacografías (govierno, llebar, istorica...). Ver despedida de Manuel Estévez Gómez ao final deste artigo. Usan escritura fonética, non escolar. Só os galeguistas usan o galego na prosa epistolar, aínda que moitos utilizaban o castelán na esfera familiar: diglosia.

A cuestión relixiosa
     En xeral, os militantes de esquerda escriben cartas moi duras contra o comportamento dos sacerdotes ou contra os civís que, invocando a Deus, cometen crimes.

Daniel Álvarez Carnero confesa que, por mellorar a situación dos seus fillos (e dos fillos doutros), morre "arrimado a un muro burlando el quinto mandamiento que dice no matar.Vaia relixión"!

Antonio López Barro: "Por último viene el cura... Esos sinvergüenzas que en nombre de una religión, de la religión de Cristo e invocando a Dios... Asesinan a honrados trabajadores en nombre de una religión que prohíbe matar".

Perfecto Trasmonte: "No me hagas misas porque ya sabes que si don Lino (párroco) no quiso darme certificado para salvar mi cuerpo, no se las necesito para salvar mi alma".

Houbo condenados católicos, como o mestre Antonio Mojón Vázquez (A Cañiza), que escribe nunha posdata: "Perdonad a los que han causado mi muerte, lo mismo que yo he hecho". Instado a confesarse por un sacerdote, este rapaz de 21 anos define a situación así: "Confiésense ustedes. Examinen sus conciencias".

Manuel González Fresco: "Digo anteriormente que se me entierre civilmente, en primer lugar por no creer más que en Cristo y haber seguido sus prédicas desde que tengo uso de razón. Aún así, perdono a todos eses degraciados que tantos crímenes cometieron con la palabra de Cristo en los labios".

Darío Álvarez Limeses, doutor, personalidade relevante de Tui, de Izquierda Republicana, católico:
"A mi esposa del alma antes de comparecer ante Dios. Soy dichoso. Van a terminar mis penas. Tened resignacción y valor. Dios me llama. Os  espero en el cielo".
Álvarez Limeses era un médico benquerido polos humildes e impulsor de importantes actividades sociais. Foi fusilado o 31 de outubro de 1936, por ser republicano. Era tío político de Bóveda, tamén católico, fusilado o 17 de agosto de 1936.

Tortura
    Os textos tamén falan de tortura.
Segundo Vilaboy, obreiro ferrolán, decembro de 1947:
"Tengo mi cuerpo destrozado y la bala de la cabeza hay momentos que parece que quisiera privar a estos canallas del gozo de verme colgado... Desde el día que me cogieron (sin sentido), ... no les importó que estuviera casi moribundo. Primero fueron los `interrogatorios`  de 12 y 14 horas hasta que, agotado, perdía el conocimiento. Y cuando vieron que con palabras y promesas nada sacaban de mi, empezaron las torturas. Mis pies y manos ni yo mismo los conozco. Estuve 15 días que no pude orinar más que sangre".

Homes como Vilaboy e tantos outros, educados no catolicismo, apelaban a instancias superiores (a Cristo, á Virxe...) para solicitar a forza necesaria que os levase, nunha situación extrema, a morrer coa máxima honra, xesto -o último- que ofrendaban no altar desa instancia.

Gómez Gayoso fuxía da policía, que lle furou un ollo cun disparo, foi `interrogado´ cando estaba a medio curar. Así llo conta á súa meuller, setembro de 1948: 
"Quisiera callar por tratarse de mi, pero no debo. Lo que conmigo y Seoane han hecho es algo difícil de relatar. Sólo te diré que 1.000 muertes son preferibles a lo que con nosotros han hecho. Cuando el 1 de setiembre salí del calabozo era un esqueleto. El día de mi detención pesaba 73 kilos, y peso 48. Tengo el intestino y el estómago destrozados y los pulmones no cesan de vomitar sangre. Las manos sólo ahora, con enorme dificultad, puedo coger la pluma".

Á tortura física había que engadir a violencia espiritual que exercía a Igrexa católica, que facía o saúdo fascista á porta da catedral de Santiago. Neses anos -os sesenta- os sacerdotes de brillante curriculum académico non ignoraban que a Igrexa impuña a súa lei inquisitorial nas prisións e que, co seu silencio, eran cómplices das torturas físicas inflixidas aos militantes antifranquistas.

A finais de 1962 Xulián Grimau foi torturado días e días en Madrid. En 1963 Rouco Varela, 27 anos, traballaba na tese de doutoramento Iglesia y Estado en la España del siglo XVI. Pensar que Rouco ignorase a relación Igrexa-Estado na España de Manuel Fraga e Grimau sería insultar a súa intelixencia e a súa cultura, di Alonso Montero.

Estratexia de terror
     En Galicia non houbo guerra civil, só represión. Houbo un campo de proba da estratexia de terror deseñada, xa antes da sublevación, polo xeneral Mola:
"Es necesario preparar una atmósfera de terror. Tenemos que crear unha atmósfera de dominación. Cualquiera que sea, abierta o secretamente,  del Frente Popular, debe ser fusilado".
Nas eleccións do 16 de febreiro de 1936 case seis millóns de votantes apoiaron a coalición do Frente Popular.
Queipo de Llano en Andalucía:
"Serán pasados por las armas los directivos del Frente Popular y, si no fueren encontrados, un número proporcional de afiliados".    

Me matan por ser bueno
Manuel Estévez Gómez, albanel de Tui, con seis fillos moi pequenos, escribe para Emilia, a filla maior:
"Pues te diré que me matan por ser bueno, por querer que bosotros no pasedes ambre, no andedes descalzos, en una palabra, por defender un govierno que estaba constituído". (Sic).

Víctor Casas, galeguista e periodista relevante, tampouco comprendia nada, como o albanel non letrado. Nunha carta aos irmáns escribe un dato arrepiante (2-XI-1936):
En el Consejo pudimos comprobar que todo venía ordenado así, y el Fiscal lo manifestó claramente diciendo que no podía tener en cuenta los cargos, que bastaba saber quiénes éramos para matarnos".
Ignoraba que xa fora sentenzado polas directrices de Mola antes do 18 de xullo de 1936.

   Pedro Petouto, mestre de escola da aldea, afirmaba que a cultura é unha cousa que serve para abrir os ollos.
Ler este libro é un acto cultural?
       
                    Eduardo Seco

No hay comentarios:

Publicar un comentario