Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 13 de junio de 2009

Con Andrés Torres Queiruga (Andrés G.V.)

O blog vaise animando. Afacédevos a poñer o voso nome, ben no título, como fago eu hoxe, ben no remate da aportación, para que saibamos quen é o que nos dá esa alegría. Os que aínda andades pouco expertos, pedide axuda a fillos, amigos, compañeiros. Estou desexoso de ver os versos de Eduardo, "Memoria dun debate". Non hai moitos días Puertas Lema comentoume que colabora coa concellería de cultura de Camariñas e é autor de inspirados poemas persoais: ¡querémolos ver e ler!

O texto que segue é un que compartín cuns correspondentes meus aos que lles mando o evanxeo de cada domingo ilustrado con diapositivas. Trátase este enredo das diapositivas de facerlles un servizo ás persoas xordas que seguen a "Santa Misa" pola TVG. Por iso vedes as alusións ao Corpus e ao evanxeo. O texto dicía isto:

"Voy a escribir los versos más tristes esta noche…" Así empeza un dos poemas de amor de Neruda reunidos xunto cunha "canción desesperada". Non quero escribir versos tristes nin quero ter razón ninguna para a desesperanza. E se chegase, que espero que non, que o rumor sexa iso: susurro escuro e triste de entristecidos e desocupados. Ao meu admirado mestre e amigo, Andrés Torres Queiruga, este humilde testemuño de que estou ao seu lado. Se chegase a magoalo alguna condena, tamén eu –coma tantos e tantos- me sentirei magoado, ademais de confuso ante o inexplicable. Contigo, ao teu lado, Andrés. Unha aperta moi forte.

Este evanxeo do Corpus recórdanos a todos que non somos Igrexa se non chegamos a constituírnos coma Corpo de Cristo. Ese pan/corpo quen nolo dá é o Espírito do Señor resucitado, non é tarefa nin labor noso… Si que é tarefa e labor noso que a fraternidade que El agasalla e constrúe nos transforme e nos enlace de xeito que ningún ser humano se desligue desta humanísima e humanizadora comuñón das persoas e dos corazóns, dínamis que transforma o que toca, coma o Espírito transforma o pan de Xesús en presenza e graza do mesmo Señor.

Sobre este corpo resucitado e glorioso érguese a Igrexa, erguémonos todos os seguidores de Cristo e cando o comemos, destérrase a desconfianza, dilúense as condenas e prexuízos, esvaecen os reproches, convértense a autoridade en irmandade e o poder en entrega e servizo. A Igrexa sen o amor de Xesucristo é un fraude.

Para todos bicos e apertas,

Andrés GV <

Anque aquí, o procesador do blog non mo deixa reproducir, nos meus correos veredes que ao lado do meu nome poño unha figuración dun peixe. Ese é o meu logo identitario. Por un lado é a confesión de fe en Xesucristo fillo de Deus e salvador (contida nas letras gregas YJZYS = peixe) e alude ao misterio trinitario de Deus, misterio íntimo de comuñón (os tres ís) e misterio que se expande e crea (os tres signos de inclusión, do que o terceiro é unha apertura, acción do Espírito)-

2 comentarios:

  1. Gracias Andres polos teus comentarios,pois eu non son máis que un aprendiz depoeta.Escribo algún verso,porque me gusta,e,dende logo,sin ningún animo de publicidade nin vanagloria.
    A páxina de Cultura de Camariñas,por si alguén quer votarlle un vistazo é: www.camarinas.eu
    Cultura,e meu seudonimo Beldoña.Alí hai varias páxinas de contos epoesías (non domino mui ben o galego escrito,por iso,disculpade os erros
    Abrazos a todos.As Puertas Lema

    A MIÑA CASIÑA

    Subindo pola do Medio,
    ó pasar á de Corral,
    alí está á rúa Pizarro,
    alí comezou meu cantar.

    Alí ás miñas lembranzas
    vividas dende rapáz,
    sonando sempre desperto,
    sonando con retornar..

    A brancura da casiña,
    e o agarimo dos irmás,
    fanme chorar cando penso
    no meu rueiro,no meu lugar.

    Chorando fun pola vida,
    cantando fun polo mar,
    ás areíñas marcaron
    os meus pasos ó pasar.

    Canto máis lonxe pisaba,
    máis me poñía a chorar,
    e, o entrar polas Carballas,
    renacia o meu cantar.

    Cantaban conmigo as fontes
    e as neniñas o falar,
    cantaban os paxariños,
    e,bruando,cantaba o mar.

    O balcón da miña casa,
    E os geráneos da miña nai,
    Cantaban seus cores ná rua
    Cando pasaba o meu pai.

    Todos aportaban algo,
    Todos querian cantar,
    un torbelino envolvente
    envolvia o meu fogar.

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. Perdón,o que escribo ná paxina de Camarinas.eu
    vai,como xá se acordou no seu día polos seus creadores,nunha lenguaxe típica do falar camariñán.De ahí,ás "j",que en galego,non se utilizan.

    ResponderEliminar