Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 11 de octubre de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

Co mesmo afecto que está a mostrar Rafael, vai por todos vos:


GALEANDO…

Pola eira cacarexa, trafulqueiro,
o demo, que está a tremelicar,
repenicando cun verme no peteiro,
i agasalla a quen vai á cortexar.

 Unha galiña, espetando a súa peteira,
achanta rapinando a lambeirada,
engulindo po pandeiro, moi lixeira, 
e arroutando a plumaxe estricada.

…i, engruñe a súa noca xa trincada,
nun santiamén, axeitada na eira;
se espile de seguida, esfurricada,
e, un novo ovo, cae na capoeira.

En reviravoltas, case escorado,
coa súa á, estricada e medio torta,
facendo ás beiras, de medio lado, 
xira repenicando e, o galo, canta: 

“ aí queda iso, e que conste en acta “
sen que nin caso faga a compañeira,
que se esfuma en latriques, despistada
coa rolada, entre as verzas, pola leira.

…I, comentan ¡ Isto si que é ter aguente ! 
 mentres, están a espelir a faldriqueira…
- Deixa a leria, compañeira, e vai pa diante 
que, axiña, has volver pasar pola peneira.

…Estando a velas vir, como é o caso,
que se vaia arranchando á seguinte,
que no tiro de pinchón, non ten fracaso 
i a carabina que usa o castrón, non minte.

….ca ca ca…que aquí, “ no ha pasao na “.
…cantan coa pata erguida, indo polo seu andar,
mais pendentes do xantar cunha miñoca,
que dos tiros, que as han volver a machacar.

Antonio Puertas










No hay comentarios:

Publicar un comentario