Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 7 de octubre de 2011

A LUZ DO CANDIL



Andamos entre o lusco e fusco da festividade da Virxe do Rosario patroa da Coruña. Día outonal polo calendario pero estival pola entidade substancial ou “per se” como diría D. Luciano palleiro nas clases de ontoloxía. De non ser polos inventos da era moderna arestora tería que estar escribindo a luz do candil. De aí o título deste pasatempo comunicativo.

Agradecementos: Aos colegas Eduardo e Puertas polas felicitacións e bos desexos que me adicaron no día dos anxos,arcanxos e segundo Fernández Barros e Manolo Dans dos querubíns,serafíns,tronos,dominacións e potestades que conforman a Corte Celestial en pleno.

Ese día, ao mediodía,celebrámolo na compaña de Agustín Dios, Felpete Sánchez e os devanditos Alfonso e Dans. Como vedes unha digna representación, tanto pola cantidade como pola calidade, desta irmandade. Arrexuntámonos en animado faladoiro os Martes e Xoves, a partir das once da mañá, coa finalidade de recompoñer a historia vivida con paixón e que abarca do 57 ao 69 con algunha digresión respecto a datas inmediatamente anteriores ou posteriores se a ocasión o require.
O obxectivo fundamental destas xuntanzas semanais,amais do antes dito e arranxar o mundo. Como podedes observar na imaxe ilustrativa a desfeita é grande:





Somos conscientes de que o traballo e moito e os operarios poucos. O que quede sen facer xa virán as xeracións posteriores a rematalo.
Gustoume a reflexión de Eduardo sobre as bondades e maldades desta tea de araña que compoñen as chamadas TIC. Son como a condición humana que ten moito de positivo pero tamén de negativo .Antes,hai anos, dicíase que as ruindades das persoas quen mellor as coñecían eran os cregos a través dos confesionarios. Hoxe en día quen mellor as coñecen son os avogados que asesoran ou levan litixios das comunidades de propietarios. Un mal veciño pódelle amargar a vida ao mais paciente e sufrido cidadán.

Por hoxe mais nada porque xa é noite pecha e ao candil acábaselle o gas. Continuaremos outro día. Os acontecementos da actualidade xa un non sabe por onde empezar. SE DESTA NON MORREMOS DE SUSTO XA ESTAMOS VACINADOS PARA AGUANTAR TODO O QUE NOS BOTEN. Que a vida vos trate ben a todos. Sobre todo a Puertas a tamén a Pablo Payo que ben o merecen. Deica outra. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario