Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 11 de octubre de 2011

L ANIVERSARIO DO CONCILIO V.II



Antes de deitarme,na véspera da Pilarica quero deixar constancia de que tal día como hoxe,hai cincuenta anos,inaugurouse o Concilio que mais popularizou e lle dou prestixio a Igrexa con aquel Papa bo a quen lle quería todo o mundo e sobre todo os mais aleixados dela.
No 62 xa nos deixaban ver algún partido de futbol por televisión. Eu non estou seguro pero paréceme que nos deixaron ver tamén a sesión inaugural do Concilio.

Hai que recoñecer que foron anos de primavera na Igrexa. Nós fomos ademais educados e criados nas ideas conciliares Algo do que nos tiñan certa envexa os que estudaran en promocións anteriores e que lles custaba moito poñerse ao día.

Aí vai unha imaxe de aquel momento que nos será a moitos moi familiar no noso disco duro de tempos pasados.
Sirva de recordatorio pese a que hoxe,para algúns non está moi de moda acordarse de aquelas palabras proféticas que aínda hoxe teñen actualidade cando referíndose no discurso de inauguración a algúns cristiáns os describe así:
"En el diario desempeño del ministerio pastoral, hieren a veces mis oídos insinuaciones de almas, posiblemente ardientes de celo pero escasas de sentido de discreción y equilibrio que en los tiempos modernos no ven otra cosa que prevaricación y ruina. Van diciendo que nuestro tiempo, comparado con los que quedan atrás, ha empeorado. Y se conducen como si nada hubiesen aprendido de la historia, no obstante ser "maestra de la vida", y como si en tiempos de anteriores concilios ecuménicos todo se desarrollase en triunfo absoluto del ideal y de la vida cristiana y de una auténtica libertad religiosa".
Y, llegado aquí, el buen Papa Giovanni soltó una expresión que mantiene total validez medio siglo más tarde: "Personalmente, considero mi deber manifestarme en desacuerdo con tales profetas de desgracias que anuncian permanentes desastres infaustos cual si estuviese a punto de producirse el fin del mundo".

Pois nada mais. Saúdos especiais a Fernando Ledo que seguramente a estas horas ande rematando de ler a multitude de información que mos brindan estes novos medios e que nos manteñen ao día; e tamén para todos os demais. Rafeael

No hay comentarios:

Publicar un comentario