Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 25 de enero de 2012

Costa (mental) de xaneiro

Cambio de ciclo
Superada a quincena de felicidade obrigada, estamos en plena costa de xaneiro. Pero esta non é unha costa calquera, é unha costa tamén mental, unha escalada pola parede norte do Naranco da racionalidade.
Como somos previsores, quen máis quen menos encomendouse a Papá Noel sabendo que os Reis, en España, non estarían para moitos agasallos.
Os Reis Magos levaron máis cousas das que deixaron:
-          Levaron o conselleiro de Cultura, boa persoa ainda que  non moi avezado nas artes da política galega.
-          Levaron a Isaac Díaz Pardo, admirable polo seu labor cultural, empresarial, artístico e galeguizador; e tamén pola súa humildade e polo seu espírito de concordia. Din que de  adolescente presenciou como meteron a seu pai no cárcere, situado a poucos metros da casa das Hortas e como o pasearon os seu veciños falanxistas no 1936.  A pesar desta experiencia nunca predicou o odio aos inimigos, senón que optou pola construción e dignificación dun país  e por recuperar a memoria histórica a través de Ediciós do Castro. Namentres isto fixo, os herdeiros ideológicos  dos golpistas e os predicadores do amor aínda non foron capaces de condenar a ditadura nin permiten recuperar os restos dos que quedan perdidos nos barrancos e en fosas comúns.
      Da súa humildade, lin  a anécdota  de cando foi a Ourense para recibir unha homenaxe e os porteiros non o deixaron entrar no local porque non levaba invitación. En vez de protestar e presentarse, marchou. Pouco despois foron os organizadores  rescatalo á rúa para homenaxealo.
-          Os Reis Magos levaron tamén a un cóengo de Santiago, transportado a Ourense en     Opel Dei.
-          Quizais leven tamén, e con que premura, a un xuíz que loitou precisamente por recuperar a memoria histórica e por tentar acabar coa corrupción da trama Gurtel. Gustaríame ser tan optimista coma Rafael, pero se chegaron ata aquí, semella que o caso de Garzón está visto para condena. Sen tregua, xa lle iniciaron outro xuízo por tentar investigar os crimes do franquismo. Quen dixo que a Xustiza era lenta? O caso é amedrentar a calquera outro xuíz que pensase seguir as pegadas de Garzón.
      Hoxe celebrouse en Pontevedra un acto cívico de solidariedade con Garzón, co teatro ata a bandeira.
-          Seguro  que me esquezo de algo ou de algúen, pero prefiro empatizar cos vencidos, cos sufridores. Os vencedores xa teñen moitos valedores.
-          Os Reis levaron tamén o sentido da congruencia para deixar no sitio moitos paradoxos ambientais:

  1. Máis información e menos sensibilidade.
  2. Máis coñecemento e menos solidariedade.
  3. Máis e-mail, blog, twitter, facebook, móbil… pero menos comunicación.
  4. Amamos o planeta, pero destruímolo.
  5. Lemos pouco, pero mercamos libros.
  6. Multiplicamos as posesións, pero reducimos os valores.
  7. Enfadámonos rápido, pero esiximos tolerancia.
  8. Falamos demasiado, pero escoitamos pouco.
  9. Predicamos coa palabra, pero non co exemplo.
  10. Buscamos a cantidade, pero ignoramos a calidade. 
  11. Corremos moito, pero non imos a ningures.
  12. Dividimos o átomo, pero non esfarelamos os prexuízos.
  13. Apostamos pola dieta mediterránea, pero no Levante esppñol xa non caben máis chourizos.  
  14. Apostamos pola transparencia democrático-económica, pero votamos corrupción.
  15. Falamos da igualdade entre persoas, pero aumenta a diferenza entre ricos e pobres.
  16. Somos o país máis sobrecualificado laboralmente, pero tamén o país con máis parados.
  17. Queremos pensar racionalmente, pero caemos nos típicos tópicos.
  18. Xeneralizamos para simplificar, pero  somos moi inxustos.
  19. Vemos os aspectos negativos, pero ignoramos os positivos.
  20. Poñemos moitos peros, pero non poñemos mans á obra.
  21. Querémonos poner transcendentes… e saen cursiladas. Amén


Saúdos cordiais.
Eduardo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario