A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
martes, 24 de enero de 2012
TRES DESEXOS PARA 2012 (Andres GV)
Son subscritor desde hai anos dos cadernos de Cristianismo e xustiza, froito do labor pastoral e académico da Compañía de Xesús desde Barcelona e San Cugat. Cos cadernos adoitan chegar os "Papeis", un folio dobrado que nas súas catro páxinas desenvolve con fondura algunha cuestión acuciante da sociedade, sempre desde a perspectiva ética e cristiá. Tedes fácil acceso aos contidos tanto dos cadernos coma dos papeis entrando na web: http://www.cristianismeijusticia.net/. Tamén encontraredes outros recursos (videos moi interesantes, sempre actuais), anque eu recoméndovos que descarguedes sobre todo os Cadernos e os Papeis.
Do "Papel" de decembro de 2011 recollo a parte final, que podemos titular así: Tres desexos para 2012. Os resaltes en negrita son cousa miña. Velaquí o texto:
No ano en que celebramos o 30 aniversario de Cristianisme i Justícia, tres son os desexos e esperanzas que desexamos compartir:
Primeiro, que as reflexións e decisións políticas se fagan sempre desde os sectores máis vulnerables e non en contra destes. A crise está a evidenciar unha relación inxusta entre gañadores e perdedores, que pode levarnos a un escenario de fractura social.
Segundo, que se logre ir máis aló da "solución única" e que, ao parecer, só pasa polo recorte de servizos públicos. É moralmente inaceptable que o desvarío financeiro e bancario estean a pagalo unicamente algúns sectores mentres se corresponsabiliza por igual a toda a cidadanía do envurullo económico en que nos atopamos.
Finalmente, esperamos que o 2012 sexa unha oportunidade para construír desde as diferentes instancias (institucións, partidos políticos, sindicatos, empresas, asociacións, ONGs, movementos sociais, etc.) un modelo de sociedade máis fraterno, xusto e equitativo, que parta dunha mirada ampla ao noso mundo e sexa especialmente sensible aos que menos voz teñen. Quen cremos que Deus se revelou como "boa noticia para os pobres", non podemos deixar de afrontar estes retos.
Cristianisme i Justícia
Decembro 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario