Imos dar unhas puntadas para enxergar algo do que é actualidade e deixalo neste taboleiro. De ser verdade, non hai porque poñelo en dúbida,o que nos dixo Vilariño de que este blog tivo tantos miles de entradas debe animarnos a escribir, por ben do que escribe, xa que se exercita na arte da expresión escrita e ademais comunícase cos seus lectores que é a fundamental razón pola que existen os escritores. Os ganduxos de hoxe versarán sobre estas cuestións: 1º.- Panexíricos ao finado Fraga. 2º.- Lembranza ao pasamento de Martín Vigil. 3º.- O pensamento positivo. Tres ( é un número tamén mítico, tribunal ven de tres,do indoeuropeo trei,do que logo derivaron unha morea de palabras como tribuno,tributo,tribú ... et relicua ) tres cousas que xa é materia dabondo.
1º.- Co gallo da morte do ex presidente da Xunta levamos varios días lendo e mais escoitando un lote de panexíricos sobre a vida e obras de D. Manuel Fraga. E certo,xa no lo explicaba D. Manuel calvo Tojo, que as oracións fúnebres deben ser laudatorias. A obra mestra era a que pronunciara Pericles, recollida na Historia da guerra do Peloponeso. Era o discurso pronunciado por alguén da tribo que pola súa intelixencia non parecera ser un necio, que destacara pola estimación pública, e que declamaba despois de que cubrisen o cadáver con terra ,eloxiando o valor do soldado que perdera a vida na guerra.
Pois estes pasados días de tanto panexírico xa cheiraban os “castravexos” e os xornais a incenso. Hoxe que xa descansan os seus restos no panteón familiar e non o temos de corpo presente xa podemos dicir algo crítico sobre a súa obra. Como todos, durante tantos anos na vida política,deixa cousas ben feitas e outras mal feitas. A cidade da cultura é un unha barbaridade que ninguén sabe o que facer con ela. Durante o seu mandato o caciquismo en Lugo e Ourense desbordou todos os límites. Foi o ministro da propaganda na ditadura. Moita lei de prensa pero dinamitou diario Madrid para escarmento dos que non aplicasen a auto censura. Aceptou a democracia porque non tivo mais remedio. Sendo presidente da xunta pasou a metade do tempo viaxando. Xa dicían os periodistas cando o vían: Fraga visita Galicia.So nos debates do estado da autonomía ía ao parlamento e contestaba á oposición Meteu Reganosa na ría de Ferrol que é unha vergoña para as xeracións futuras. So hai que ir a Mugardos e observala. As autovías, gratuítas en todo o Estado, púxoas de Peaxe a de Coruña Carballo e Santiago Ourense. As rías de Vigo e da Coruña aínda hoxe non depuran as augas e verten ao mar directamente. As cousas boas,reais algunhas e esaxeradas moitas, de tan repetidas xa non é preciso constatalas. Respecto ao idioma galego tivo un respecto e unha comprensión da que carecen os actuais sucesores. Sobre isto nada mais. Existe o branco e o negro respecto a todas as realidades. Por iso temos dous ollos un para mirar á dereita e outro para mirar a esquerda. Cando vemos so por un ollo deformamos a realidade por mirala incompleta.
2º.- Martín Vigil..Un cura de novelas. Así titulaba Elvira Lindo unha reportaxe que apareceu o sábado no suplemento do Pais. Foi polo que nos decatamos de que levaba un ano falecido e que non tivera ningunha nota cronolóxica pese a ter centos de miles de lectores das súas novelas polas décadas dos cincuenta e sesenta:A mais coñecida que todos lemos nos anos de Filosofía era. “La vida sale al encuentro”Tamén se lían outras como: “Los curas comunistas”,”Requien a cinco voces”,”Tierra brava, “Una chabola en Bilbao et cétera de case trinta novelas funda,mentalmente.
Pois que conste que eu polo menos estoulle moi agradecido porque a súa lectura era aire fresco que entraba no mosteiro de Sanmartiño e axudaba a aflorar sentimentos e sensacións de adolescentes propias daquelas nosas idades. Era unha fiestra aberta ao mundo ao que nos prohibían asomarnos. Para saber mais aí vai cosido o artigo do Pais e o do Mundo que a través do xesuíta Lamet dou a noticia que transcendeu á prensa escrita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario