Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 7 de febrero de 2013


Ño prometido es deuda:

Carnota
Cando estou a contemplar eses pes milenarios do hórreo de Carnota, veñen ao meu recordo aqueles tempos vividos de rapaz ao seu carón.
O meu pai, fora destinado como secretario do xuzgado, e, pasaba os invernos con el. Acudía a escola de Don Serafín nos baixos da casa consistorial, e, dende alí, divisábase unha lagueira atisgada de ras, que, os rapaces, cazabamos ao saír da escola.
Un carpinteiro do lugar, constuírame un patinete de madeira co que me deslizaba por unha pendente da praza do pobo , e que, a señora Arminda gardaba nun trasteiro nun baixo da súa casa, arrimada a dereita, entrando, a carón da súa tenda.
Parabamos na pensión do Señor Goyanes , e, fixerame moi amigo do seu fillo, e a quen o meu pai puxeralle o alcume de TREBOADA, polas liortas que armaba na casa, sendo pequeno. Logo, uns anos despois, pasamos a pensión da Señora Engracia. O noso cuarto de durmir, estaba orientado de cara o mar, e, inda  rosman nos meus oídos aqueles tombos petando sobre a area nas noites de inverno. Acurruñado na miña cama, soñaba con espíritos infernais que estaban a chamar nas fiestras onde durmíamos…
Todos estes recordos da miña nenez, gárdoos na miña alma con moito agarimo. Pena que vaia tan pouco polo pobo, pois, case-que non coñezo a ninguén…tal vez, a Michelín… Se me les, unha aperta, amigo



MANSAMENTE

Me acerco a ti, y me aparto,
cuando mansamente vienes hacia mi;
huyo y no te comparto
alejándome de ti.
De nuevo, abres tu espacio para mi.

Me invitas a seguir;
 insistes, aduciéndome con guiños…
Me descalzo y quiero ir
…dudo de tus cariños,
y, al fin, rompemos olas como niños.

Es muy tarde para huir,
atrapado en arena, agua y cielo,
guiando el juego a seguir,
extiendo sobre el suelo
un sueño, que guardo en aciago velo.

Una playa apartada
en la inmensidad de los cielos y el mar.
  En raya limitada,
el encanto del lugar…
y, oculto en arena, el sueño a recordar.

Me lanzo decidido,
y, noto la mano helada de la muerte,
que me ciñe aterido,
y me aleja, envolviéndome a mi suerte…
perdido me hallé al verte.

Siento abrir tus entrañas,
y, en tus espejos, escrita una nota:
 un niño con sus cañas,
un aro, una bici rota…
- a pié de hórreo- escrita en Carnota.

Antonio Puertas






4 comentarios:

  1. Moi bonita Antonio a poesía.O mundo das musas lévase ben contigo.Fas lle boa vida e non te esquecen nin te abandonan.Tampouco sabía que tiveses unha vida de nómada na infancia.A crudeza da postguerra marcounos a todos.De todos modos non foi óbice para que ao noso modo fósemos un mundo de felices.A laconada non che sentaría mal.Foi un pracer ver a tantos compañeiros xuntos. Sempre ademais,nestas ocasións, aparece alguén que levabamos tempo sin ver como foi Xaime Fraiz. Saúdos como sempre.Rafael

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Rafael. No último xantar de irmandade, prometinlle a un carnotán volver a poñer a poesía acerca de Carnota; i, el, prometio lela e comentala; malia todo, penso, que nin unha cousa nin a outra.
    Cada un de nos é un mundo, e as nosas vidas, sonche un misterio. Un mundo cheo de corredoiras, de persoeiros e de lugares por onde vagan as nosas vivencias e os nosos recordos, mentres estamos a vivir nel.
    Non só os xitanos e os xudeus foran os errantes pola vida, si non que a min, tamén, algo me tocou. Polo oficio do meu pai, tiven que andar por moitas corredoiras, i, entre elas, pola de Carnota.
    Facía moitos anos que non visitaba ese fermoso pobo; e, un día deste pasado verán, decidín ir eu só a saborear os recordos da miña infancia.
    A praia de Carnota, neses intres, estaba espléndida, coma sempre, aquel mes de Santiago. O mar en calma,e, as areas brancas e sen pegadas, a no ser as das gaivotas e as dos meus pasos, que ían abrindo o meu lento e pensativo andar.
    Aí xurdiu este poema, de entre as mansas ondas daquel mar calmo.
    Unha aperta, compañeiro
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  3. Prezado Antonio: Graciñas por poñer outra vez a poesía.Por circunstancias inesperadas non tiven ocasión de ser tan puntual e cumpridor coma ti poñendo o meu comentario. Os versos son magníficos o mesmo que a paisaxe e a natureza que os inspira.
    "Atrapado en arena, agua y cielo" téñome atopado de mozo moitas veces naquela praia, alguns días completamente só. Algún xeólogo ten dito que a praia de Carnota é o maior depósito de area de toda a costa peninsular, e iso só se pode explicar se o río Xallas, antes de que medrara tanto o Monte Pindo desembocaba nela pola paraxe chamada "A cima da arca", que está camiño de Cabanude e de Arcos, xa no concello de Mazaricos.
    Do conxunto de praia e Monte Pindo, desafiante e soberbio nos días de nordés, vistos desde a inmensidade da area, podería dicirse o que Novoneira dicía dos montes do Courel: En ningún sitio se sinte mellor o pouco que é un home.
    Unha aperta.
    Manolo López

    ResponderEliminar
  4. Non te preocupes, Manolo, que se escribín dun xeito así, foi con idea de " picarte ", a ver se entrabas no blog un pouco mais; ti, e o resto dos compañeiros.
    Unha aperta
    Antonio

    ResponderEliminar