Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 21 de junio de 2013

O BO PAPA OU PAPA BO


Este mes de San Xoán, a primeiros, fixo cincuenta anos que morreu Xoán XXIII. Foi ao remate do curso no que nos mudaramos para san Martiño. Neses anos xa empezaban a chegar os televisores ás vilas mais importantes que emitían unhas poucas horas ao día. Ademais das tabernas e bares mais importantes que as instalaban para atraer á clientela foi tamén a época en que algúns párrocos as poñían para atraer á xente nos chamados salóns parroquiais. Foron o preludio dos despois chamados teleclubs que apareceron,nalgúns casos ligados aos cregos ou mestres e noutros casos en asociacións culturais promovidas polos representantes do chamado Movemento Nacional nas vilas que era onde tiñan mais presencia.

Pois ben naquel ano a parroquia de Abanqueiro,limítrofe coa do Cabo de Cruz,tiña un cura novo que tiña salón parroquial con televisión e alí se desprazou a miña mai coas súas amigas para ver o enterro do Papa Xoán e mais a coroación de Paulo VI. Tanta xente,tanto da parroquia como de fora, se xuntou naquel salón que estaba no primeiro andar da reitoral que se veu abaixo o sobrado e feriuse e quedou con mazaduras moita xente entre elas miña mai.

Cando mais ou menos por datas como a de hoxe que era cando nos daban as vacacións ,hai cincuenta anos,cheguei á casa atopei a miña nai algo coxa polo accidente pero chorando como unha madalena. Non era polas mazaduras. Era polo Papa Xoán que era tan bo que non debía morrer. Sentirao tanto que naquel ano e seguintes cando se falaba del víñanlle as bagoas aos ollos sen poder evitalo. Realmente tamén para nos tiña sido un papa moi querido pero eu nunca pensei que tamén o fose tanto para quen non estaba metido entre catro paredes oíndo falar del a miúdo como era o noso caso.
Pois que sirva do homenaxe e que o vexamos pronto nos altares como a Monseñor Oscar Romero que este novo papa xa dixo ía apurar as causas de ámbolos dous.

Como curiosidade e para refrescar a memoria aí van as materias das que en primeiro de filosofía hai tamén cincuenta nos examinamos: LOGICA,ONTOLOGIA,FISICA E QUIMICA,CIENCIAS NATURALES, RELIGION,LENGUA FRANCESA. PRACTICAS DE LATIN, PRACTICAS DE CASTELLANO E MUSICA.(Tiven diante unha certificación académica para copialas. A miña memoria non da para tanto sen bufa)

Pois,polo momento,mais nada. Saúdos para todos. E tamén unha dirección para informarse de aquelas realidades das que hai intereses fortes para que os xornais normais non nolas conten:http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=2&cad=rja&ved=0CDkQFjAB&url=http%3A%2F%2Fespiaenelcongreso.wordpress.com%2F&ei=j8fEUd_0EIiJ4gSxr4GYCA&usg=AFQjCNHGS4I-Te7UKLIm8ePhquoGn6roQg&sig2=BMPsAZ81rtIWIpcAyV8DVQ&bvm=bv.48293060,d.bGE

Se non deixa abrir poñedes en Google e xa se pode ver:UN ESPÍA EN EL CONGRESO | UNA COSA ES LO QUE SE DICE ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario