Onte foi un dia,o tempo
dirá se histórico ou non,para a nosa terra,para a Galicia das
persoas. Milleiros de participantes na manifestación contra os
proxectos mineiros que queren asolagar Galicia de Norte a Sur e de
Oeste a Este. Houbo xente de toda idade e condición. Comenteino con
amigos asistentes que o mais destacable era observar a cantidade de
avós e tamén de netos. De trazarse unha radiografía por idades o
30% era xente moza de menos de 30 anos e outra gran maioría dos
sesenta para riba. No medio. a ollo de bo cubeiro un 25%.
A praza da Quintana de
mortos onte estivo mais viva ca nunca. Ateigada de xente. Non había
forma de moverse e o banco de pedra pegado ao muro do Mosteiro de San
Paio houbo que ocupalo de pe para protexer aos meniños pequenos que
tamén había pese a non aconsellarse a presencia nestas
aglomeracións masivas en espazos cerrados.
Todos os medios de
comunicación dixitais o recolleron onte igual cos “castravexos”
( nomeados así polo finado de Moncho Valcarcel crego galeguista en
ánima e corpo enteiro).Hoxe exerceu de notaria toda a prensa.
Como as imaxes seguen
valendo mais ca mil palabras aí van unhas poucas:
"Contramínate", 2 de xunho do 2013. Praza da Quintana ... - YouTu
Abarrote 'contraminero' en A Quintana
Manifestación en contra da minería salvaxe en Galiza - YouTube
Sirva pois para constancia dos aconteceres cando pasado o tempo acudamos con morriña a recordar cousas do pasado.
Mais
nada. Saúdos para todos. Máxime para os que se acheguen a esta
fiestra para mirar ou para deixar algo cando teñan xeito. Sobre todo
ao compañeiro Eduardo,a Andrés Amboage, a Antonio Puertas a
Fernando Ledo e a todos os demais en particular e mais en modo xeral.
Que teñades bo verán agora que parece que vai vir para
quedarse.Rafael
En Galicia, non hai unha mina de ouro, Galicia enteira, é ouro.
ResponderEliminarAntonio