Acórdase
alguén da última carta persoal,non comercial,que recibiu escribida
a man? Eu tería que andar varios anos cara atrás. Incluso se leva
dito, hai tempo xa, que é un xénero literario non en decadencia
senón perdido totalmente. Fago alusión a isto porque é a mellor
maneira de comentar as sobremesas, en modo
macedónico, que nos deixou Eduardo. Referireime a alhunhas como se
fose contestando a unha epístola na que me da esas novas.
Queira
Deus que cando recibas esta miña,Eduardo, te atopes ben de saúde
quedando a miña,polo momento, ben tamén. Dis que rematou o estío;
A día de hoxe parece que si pese a que onte ás dez da noite na
Coruña tiñamos 20 graos de calor. Os fastíos se o entendes como
sinónimo de aburrimento ou tedio aínda continúan. Sobre a data de
caducidade discuten autores pero están coa teoría da lebre
mecánica. Esa que lle poñen aos galgos, presa dun aparato que lles
colgan ao lombo, medio metro por diante e e por mais que corren
nunca a dan pillado. Así nos tratan como a burricáns.
Respecto
as alusións que fas á actualidade do momento en que escribes teño
que dicirche que por aquí fálase do seguinte: “Merino cobra
899.000 E da trama Gurtel”. Como é unha noticia que ven de Madrid
relátana así: 17
de outubro. “Un informe da Axencia Tributaria remitido ao xuíz da
Audiencia Nacional Pablo Ruz detalla que Jesús Merino, ex deputado
do PP e colaborador de Sáenz de Santamaria, percibiu 800.000 euros
da trama Gürtel”.Como consecuencia,polo que se sabe, provocou de
inmediato a seguinte reacción: “El gobierno da un puñetazo en la
mesa:quiere atar corto al policia que lleva la Gurtel y el caso
Bárcenas.” Acorda o ministro do interior o cese do Comisario Xeral
da Policía Xudicial,paisano noso, e nomea us substituto de plena
obediencia ao PP.
Tamén
en plan de twiteo se comenta o seguinte: - Barcenas: ”Es mi mano la
que entrega el sobre a la señora de Cospedal”.
-As
familias que investiron en vivenda levan perdidos 75.000 euros pola
caída do prezo.
-A
taxa de morosidade da banca supera por primeira vez na historia o
12%.
-A
pobreza non é noticia,unha plantación de cabazas si.
-Silenciados os concellos insubmisos ao co-pagamento
farmacéutico dispensado nos hospitais.
-Temos trincado ao policía. Preciso unha chamada
anónima.(Refírese á corporación municipal Santiaguesa).
Tamén
me contas ,Eduardo, que o mundo da xustiza precisa de moita fe de
noso señor para crer nela. Niso teño que darche a razón. Xa o
finado D. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao deixou dito que no seu
tempo era necesario rezar un padrenuestriño pola xustiza que moita
falta lle facía. Non pode ser doutra maneira tendo en conta estes
datos:
- Hai sete casos pendentes de sentencia por cada 100 habitantes.
- Soamente Italia,Portugal e mais Eslovennia ,dentro da Unión Europea, está pero ca nós.
- En 17 países da U.E,tardan menos de 200 días en ditar sentencia.
- Aquí para resolver unha demanda a espera e superior aos 500 días.
Aínda
así hai certos xuíces que algunhas veces se poñen do lado da xente
e quitan sentencias exemplares. Os riscos que corren de que os
decapiten son grandes. Teño a impresión de que cada vez están mais
concienciados. Eles son independentes pero como di un avogado amigo
meu:¿De quen e de que son independentes?.Outro día volveremos sobre
o tema.
Volvendo
ao inicio, sobre o xénero epistolar, parece que logo coñeceremos o
material que hai de Manuel Antonio e que se apoderara del o
ex-presidente da Academia Galega D. Domingo García Sabell no ano
1930 en que morrera e que tivo gardados baixo sete
chaves pese a solicitarllos moita xente sobre todo no ano en que lle
adicaron as letras galegas. Pois hai moitas cartas que explican
moitas cousas de
aqueles anos.
Hai
tamén moito interese en coñecer as que durante tantos anos se
intercambiaron Luis Seoane e Díaz Pardo. As que lle escribiu Luis
Seoane publicáronse no 2004 en Edicións do Castro pero as de D.
Isaac están inéditas. Nestes tempos malditos para a cultura non hai
moitas esperanzas de que se publiquen de inmediato.
Haberá
que poñer punto final. Pero antes deixar unha reflexión que
apareceu hai uns días na Voz de Galicia e que me recordou aquelas
magnificas leccións de Hª da Igrexa que nos ditaba D. Manuel Rios
Fernández e que polo menos a min me entusiasmaron de mozo. Pódese
ler:
¿Hay que quemar al papa? - La Voz de Galicia
Para
que non falte unha pinga de humor:
Pois
amigo Eduardo e demais compañeiros. Despídese de vós este que
é:Rafael.
Rafael, son tantas as tropelías e inxustizas que se están a cometer neste mundo, que xa, logo, é mellor refuxiarse coma fago eu na ironía dos contos e nos malos poemas, se non desexas estar cabreado acotío.
ResponderEliminarXa o amigo Cicerón dicía: “ fugi Catilina, porta aperta sum... “ E, despois de tanto tempo, a piratería, segue sen facerlle caso.
Unha aperta, amigo
Antonio Puertas