Queridos
amigos: Queira...(et reliqua) conforme ao indicado mos manuais do
xénero epistolar e os correspondentes formularios,Estamos xa
encarando a parte final deste mes ditoso que comezou con santos e
rematará con San Andrés. Este ano pasounos como aos partidos
políticos que a sociedade móstralles desafección porque son
coiros vellos nos que o viño novo non quere gardarse neles. A
participación neste encerado dixital foi minguando e na
contabilidade que amosa no lateral este ano,de non dármonos
presa,rematará sen acadar no seu primeiro lustro o cento de
anuncios.
De
todos modos con persoas de constancia probada como son os que mais
interveñen,destacando ao compañeiro Puertas e a Eduardo,aínda lle
quedara vida para tempo. Os que teñades interese en seguir a Puertas
metédevos en Facebook que alí é moi activo. Entrar nas redes
sociais é certo que un exponse a que o que escribe llo poida ler
calquera pero o certo é que vivimos nunha sociedade onde a nosa
intimidade a pode asaltar tamén calquera. Os teléfonos smartphone que
temos moitos que operan vía satélite gardan as nosas conversacións
multibillonarias durante anos e calquera,mediante autorización
xudicial pode obtelas. Co grao de corrupción que hai na sociedade o
que se consegue con autorización xudicial tamén se pode conseguir
sen ela sempre que se alumee ou unte ben como se di no mundo da
delincuencia de garabata.Para mostra o caso Edward Snowden.
Desta
vez deixarei un programa político que se pode ler de riba para baixo
e tamén ao revés. Chegoume nun correo dun tamén residente moitos
anos en San Martiño. Di así:
PROGRAMA
POLITICO:
-En nuestro partido político cumplimso
lo que prometemos
-Solo los imbéciles pueden creer que
no lucharemos contra la corrupción
-Porque si hay algo seguro para
nosotros es que
-la honestidad y la transparencia son
fundamentales
-para alcanzar nuestros ideales
-demostraremos que es una gran
estupidez creer que
-las mafias seguiran formando parte del
gobierno
-como en otros tiempos
-Aseguramos sin resquicio de duda que
-la justicia social será el fin
primordial de nuestro mandato
-Pese a eso todavía hay gente estúpida
que piensa que
-se puede seguir gobernando con las
artimañas de la vieja política
-Cuando asumamos el poder haremos lo
imposible para que
-se acaben las situaciones
privilegiadas y el tráfico de influencias
-No permitiremos de ningún modo que
-nuestros niños tengan una formación
insuficiente
-Cumpliremos nuestros propósitos
aunque
-los recursos económicos se hayan
agotado.
-Ejerceremos el poder hasta que
-comprendan desde ahora que
-somos
la nueva política.
Para
rematar deixar unha pax. que visito con frecuencia e que ten un
artigo moi elocuente para entender o mundo no que nos tocou vivir
onde mandan os financeiros e os demais teñen que tocar a música que
eles mandan. O das portas xiratorias é o que mais desilusión crea
para pensar nun modelo de sociedade distinto. E esta:
ATTAC España | Justicia económica global
Pois
por hoxe mais nada. Despídese de vós este que o é: Rafael
Pois ti, non te quedas atrás, Rafael. Sempre na brecha en tódolos frentes: facebook, Voz de Galicia, Belvis...
ResponderEliminarGrazas, amigo, por manter vivo o noso mundo.
Perdón, non firmei: firma e racha, Antonio Puertas.
ResponderEliminar